Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Maratón de cartas 2022: Axúdanos cos teus estudantes a salvar vidas!

Un ano máis, co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro) propómosvos unirvos á maior recollida mundial de cartas e mensaxes de solidariedade, que acontecerá en 150 países e na que se actúa por defensores/as de dereitos humanos de todo o mundo. Nesta ocasión, propómosvos actuar a favor destas persoas:

  • Chow Hang-tung (Hong Kong). Avogada de dereitos humanos, encarcerada por China por participar en vixilias pacíficas en recordo da matanza de Tian’anmen.

  • Dorgelessa Nguessan (Camerún). Peiteadora e nai solteira condenada a cinco anos de prisión por participar en protestas no seu país.

  • Luis Manuel Otero Alcántara (Cuba). Artista detido no marco das protestas da sociedade civil cubana. Enfróntase a cinco anos de cárcere.

  • Nasser Zefzafi (Marrocos). Activista de dereitos humanos condenado a 20 anos de cárcere por participar en manifestacións críticas co goberno marroquí.

  • Aleksandra Skochilenko (Rusia). Música rusa actualmente en prisión preventiva por cambiar as etiquetas dun supermercado ruso con mensaxes contrarias á invasión de Ucraína.

Esta actividade recolle anualmente millóns de sinaturas e mensaxes de solidariedade sobre persoas concretas que precisan de axuda, e grazas a ela conseguimos mellorar a vida dalgunhas destas persoas. É o caso de Bernardo Caal Xol, mestre e pai que traballou incansablemente para defender as comunidades afectadas por proxectos hidroeléctricos no río Cahabón, no norte de Guatemala. En novembro de 2018 foi condenado a máis de sete anos de prisión por cargos falsos presentados co propósito de impedir o seu traballo de dereitos humanos. Durante o maratón do ano pasado, puxéronse en marcha máis de medio millón de accións a favor de Bernardo, que quedou en liberdade en marzo de 2022.

Se queredes pór en marcha o maratón no voso centro, estes son os pasos que tendes que seguir:

1. Acceder á presentación interactiva, onde explicamos os casos e as accións que se propoñen de cada un. Esta presentación podedes usala ou distribuíla cos/coas participantes.

2. Visibilizade os casos no centro. Podedes usar os pósteres que vos facilitamos, ou proporlles a estudantes que elaboren murais e debuxos sobre os casos e colocalos nalgún lugar visible do centro (corredores, patio, entrada etc.).

3. Se tendes dispoñibilidade, suxerímosvos que poñades en marcha algún dos talleres previos que propomos sobre os casos, co obxectivo de reflexionar sobre o que lles ocorre a estas persoas e as vulneracións de dereitos humanos que están a sufrir.

4. Actuade por algún dos cinco casos (ou por todos!). Veredes que tendes a opción de realizar accións de solidariedade, levar a cabo retos ou escribir cartas (incluímosvos modelos por se queredes usalos como guía). Escollede aquelas que mellor vos encaixen!

5. Enviádenos as cartas, así como as fotos e os vídeos das accións que fagades, a redescuelas@es.amnesty.org. Tentaremos darlles visibilidade nas nosas redes!

Podedes descargar todos os materiais necesarios nestaligazón.>