Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Que é Amnistía Internacional e en que consiste o seu traballo?

Amnistía Internacional é un movemento mundial, democrático e independente, que conta con máis de 7 millóns de persoas socias, activistas e voluntarias, e está presente en máis de 150 países, traballando sen descanso pola xustiza e pola dignidade das persoas. En España somos máis de 80.000 socios e socias, e cerca de 2300 persoas voluntarias e activistas. O noso labor céntrase en combater os abusos contra os dereitos humanos de vítimas con nome e apelido a través da investigación, a denuncia pública e o activismo.

O noso obxectivo é realista: queremos cambiar a vida de moitas persoas! Queremos que todas desfruten dos dereitos consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. E sabemos que é posible. Activistas de todo o mundo demostrárono opoñendo resistencia ás persoas que vulneran os dereitos humanos e pedindo responsabilidades ás persoas que están no pode

Se tes interese polos dereitos humanos, a Rede de Escolas ofréceche a posibilidade de traballar no teu centro de forma activa pola mellora das condicións de vida de persoas concretas, así como de facer que máis xente sexa partícipe da loita contra as violacións destes dereitos.

Sabías que...?

O 28 de maio de 1961, Peter Benenson, avogado británico, lanza a “Campaña a prol da amnistía 1961”, publicando o artigo “Os presos esquecidos” no xornal The Observer. Séntese impulsado a escribir este artigo ao ler a historia de dous estudantes portugueses que foran encarcerados por brindar pola liberdade cunha copa de viño. Este artigo será a orixe de Amnistía Internacional. O chamamento publícase en xornais de todo o mundo e un par de meses despois desenvólvese a primeira reunión de Amnistía Internacional, creando un “movemento internacional permanente en defensa da liberdade de opinión e de relixión”.

O 10 de setembro de 1988, no Camp Nou de Barcelona, 90.000 persoas asistiron ao concerto “Dereitos Humanos XA!”; celebrábase o 40.º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. O concerto percorreu 19 cidades de 15 países e foi visto por millóns de espectadores. Contou coas actuacións de Bruce Springsteen, Peter Gabriel e Sting, entre outros, e foi o lanzamento de Amnistía Internacional en España. A Sección Española pasou de ser unha pequena estrutura a unha organización de referencia sobre dereitos humanos no noso país.

Catro cousas que debes saber sobre os dereitos humanos

1. Non son unha escolla!

Os dereitos humanos son dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción ningunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua ou calquera outra condición. Todos temos os mesmos dereitos humanos, sen discriminación ningunha. Estes dereitos están interrelacionados e son interdependentes e indivisibles.

2. Os gobernos están obrigados a cumprilos?

Os dereitos humanos universais están a miúdo previstos na lei e garantidos por ela, a través dos tratados e o dereito internacional, que establece as obrigas que teñen os gobernos de tomar medidas en determinadas situacións, ou de absterse de actuar de determinada forma noutras, a fin de os promover e de os protexer.

O compromiso cos dereitos humanos converteuse nunha tendencia maioritaria e habitual. Non obstante, a defensa e a promoción dos dereitos humanos de moitas persoas en todo o mundo poñen ao descuberto, con frecuencia, a brecha existente entre o compromiso teórico e a práctica de moitos gobernantes.

3. A súa orixe é a dignidade humana

Os valores dos dereitos humanos teñen a súa orixe na dignidade do ser humano, e, por tanto, en numerosas culturas e relixións. Os dereitos humanos son universais, indivisibles e interdependentes: significa que todas as persoas nacen libres e iguais en dignidade e dereitos, independentemente da súa cultura, do lugar de residencia e de se o seu país recoñece ou non eses dereitos.

4. Cambian co tempo?

Os dereitos humanos son un proxecto dinámico en constante evolución, e adáptanse aos tempos, os cambios, as novas formas de represión e abusos (novos limbos xurídicos como Guantánamo), mais tamén aos colectivos marxinados e ás novas formas de reivindicar os seus dereitos (mobilización social, internet, SMS). Sectores excluídos nun determinado contexto histórico (por exemplo, as mulleres, os pobos indíxenas ou as persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais e intersexuais) teñen loitado por seren incluídos, enriquecendo a realidade histórica dos dereitos humanos.

Esta evolución continúa hoxe: “a guerra contra o terror”, o impacto do cambio climático, a biotecnoloxía e a xenética apuntan algunhas das cuestións que desenvolve actualmente a axenda dos dereitos humanos.


Non esquezamos nunca que un libro, un lapis..., que o alumnado e o profesorado, xuntos, poden cambiar o mundo.

Malala Yousafzai, activista paquistaní poa educación