Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to gal:] Primer plano de escritorio en una clase y libros ©Wokandapix

[Translate to gal:] Primer plano de escritorio en una clase y libros ©Wokandapix

Blog

Identificar, previr e desactivar a violencia no ámbito educativo

Juan Ignacio Cortés, colaborador de Amnistía Internacional,

Hai uns meses, a Liga Española de la Educación y la Cultura Popular presentou a investigación Particip-arte: Desmontando la normalización de la violencia, que aspira a identificar as formas en que a violencia pode manifestarse nos centros educativos, adestrar a ollada para detectala e axudar o profesorado e o alumnado a previla e afrontala. Nesta entrevista con Alejandro Sanz, sociólogo responsable do informe, e Juan Ramón Lagunilla, secretario xeral da organización, repasamos as súas principais conclusións.

–Falan de normalización da violencia nos centros escolares. É unha afirmación moi grave.

–Alejandro: Sucede en toda a sociedade. Os centros escolares están inmersos na sociedade, e o que sucede na sociedade afecta a escola e viceversa. Estamos socializados nunha cultura da violencia. Non é algo recente, senón algo que acompaña toda a historia da humanidade.

–Afirman que esa violencia ten moito que ver cunha sociedade cuxos valores están baseados nun individualismo hipercompetitivo.

–A: A hipercompetitividade si que é algo propio do noso tempo e fai que a violencia se acepte máis, alimentada polo imaxinario colectivo de que o que importa é o éxito a calquera prezo. Eses valores son os que hai que mudar.

Alejandro Sanz y Juán Ramón Lagunilla ©Privadas

–Cales son as principais formas de violencia en centros escolares?

–A: A teoría do triángulo da violencia de Galtung fala de violencia directa, cultural e estrutural. Estas dúas últimas dan pé á primeira, aínda que son máis difíciles de recoñecer. Estamos a falar de leis do silencio; formas autoritarias de impartir clases ou contidos de libros de texto que ignoran a muller. A violencia é multidireccional. Sempre pensamos en violencia entre alumnos, mais tamén hai violencia entre alumnos e profesores e entre profesores.

–Pódese diferenciar entre violencia e conflito entre iguais? Ou entre acto violento e brincadeira?

–A: A diferenza hai que buscala no tipo de relación. Se é unha relación vertical, de dominación, é violencia. Se é unha relación en que se pode dar un diálogo entre iguais, é un conflito, que en si mesmo non é malo. Como distinguilo? Cómpre coñecer a relación que teñen os alumnos.

 

–Quen contribúe máis á violencia: alumnos, profesores, familias...?

–A: Máis que falar sobre quen contribúe máis, hai que pensar na responsabilidade de cada parte e a súa capacidade de transformación. Aí, loxicamente, os alumnos son os que menos capacidade de transformación teñen. Cando lles preguntas ás persoas pola súa responsabilidade na violencia, ninguén termina de asumila, mais é un problema compartido, e todas as partes teñen que facer a súa reflexión. Tamén as institucións. Non falamos moito da violencia estrutural, como a que sofren centros con poucos recursos ou profesores en situación laboral inestable.

–A violencia non se sabe ver ou non se quere ver?

–A: Cando enfrontamos os profesores coa violencia que se produce nos seus centros, hai tres tipos de reaccións. Unha porcentaxe moi pequena asegura que era consciente desa violencia. A maior parte asegura que non caera na conta, pero que abriu os ollos. Unha última parte –moi pequena– segue a ollar cara a outro lado, por moitos datos que lle deas.

–Fronte á violencia, vostedes propoñen educar para a convivencia. Como?

–Juan Ramón: Só se fai dunha forma: convivindo. Hai que crear un ámbito de convivencia en que todos se impliquen e saiban detectar a violencia e traballar para erradicala. Isto é fácil de dicir, mais non de facer. Hoxe en día, máis do 70 % do que inflúe na educación dos alumnos vén de fóra do centro escolar, dos medios e as redes sociais, e os exemplos que se ven aí non axudan á convivencia.

–A: Para educar, hai que ter unha conduta que sirva de exemplo. Se queres crear un clima de confianza e diálogo e que as outras persoas escoiten, tes que estar dispoñible para escoitar, intervir ante os conflitos e non deixalos pasar. Tes que propor modelos positivos de convivencia, algo que nunha sociedade hipercompetitiva non é fácil.

–A súa investigación apoia os principios de convivencia democrática da Lei Celaá. Tan importante é unha lei educativa como para determinar a realidade educativa?

–JR: Unha lei educativa é moi importante, porque a educación conforma a sociedade do futuro e pode traballar en favor dunha sociedade individualista ou na que se convive sen exclusión. De aí a importancia desas leis e o difícil que é chegar a acordos sobre elas, especialmente se as posicións políticas se radicalizan. Sería importante ter un consenso de base, aínda que logo as leis muden para se adaptaren ás novas realidades. Por outra parte, as leis educativas son condicións necesarias, mais non suficientes. Pode haber leis educativas marabillosas, mais se non hai compromiso para asumilas desde todos os estamentos implicados, quedan en nada.

–Malia todos os problemas dos que falamos, a súa é unha investigación propositiva. Cales son as súas principais propostas?

–A: Hai dous tipos de propostas: para a escola e para o seu contorno. As propostas para a escola buscan que o alumnado participe na resolución de conflitos e a creación dun espazo de convivencia. Cara a fóra, hai que fomentar a participación das familias e do barrio na vida escolar e potenciar a comunicación entre estes tres actores.