Texto ‘Human rights are not optional’ sobre fondo negro. © Polina Kovaleva/Pexels

Texto ‘Human rights are not optional’ sobre fondo negro. © Polina Kovaleva/Pexels

Blog

Material para profesorado: Celebra cos teus estudantes o aniversario da Declaración Universal!

O 10 de decembro de 2023 celebrarase o 75 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. É o documento máis traducido da historia mundial. Todos os países acordaron que están vinculados polos principios xerais que se expresan nos 30 artigos da Declaración.

É unha fonte de inspiración que fai reflexionar, polo que é fundamental darlles a coñecer a nenos, nenas e adolescentes cales son as liberdades e garantías para todas as persoas no mundo.

Co aniversario, desde Amnistía Internacional ofrecémosvos un novo material educativo que lles permitirá a infancia e xuventude relacionar os artigos da Declaración coas súas vidas diarias. É adecuado para persoas a partir dos 10 anos, tanto en espazos abertos como cerrados, así como para ámbitos de educación formal e non-formal.

Podes acceder ao material aquí.