Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Membros da parroquia da Nossa Senhora do Perpétuo Socorro entregan unha máscara protectora a un residente

© REUTERS / Bruno Kelly. Membros da parroquia da Nossa Senhora do Perpétuo Socorro entregan unha máscara protectora a un residente, en medio da situación de propagación da COVID-19 no barrio marxinal de Educandos en Manaus (Brasil), 19 de maio de 2020.

Blog

Teño dereito a unha vivenda?

Por Amnistía Internacional,

Hoxe, 5 de outubro, é o Día Mundial do Hábitat, unha data para lembrar que a vivenda é un dereito humano recoñecido na normativa internacional.

Así vén recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos(artigo 25.1). E no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (artigo 11.1). E dío a nosa Constitución no seu artigo 47: “todos os españois [e españolas] teñen dereito a desfrutar dunha vivenda digna e adecuada”, para que poidan vivir con seguranza, paz e dignidade.

Miriam dos Anjos desempaqueta a axuda alimentaria que recibiu

Miriam dos Anjos desempaqueta a axuda alimentaria que recibiu de Central Única das Favelas (CUFA), unha organización non gobernamental brasileira, en medio da situación provocada polo brote de coronavirus (COVID-19) no barrio marxinal de Heliópolis, en São Paulo (Brasil), 18 de xuño de 2020. © REUTERS / Amanda Perobelli

Mais... que é o dereito á vivenda?


Segundo a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, este dereito non se basea só en dispor dun teito baixo o que se acubillar. A vivenda debe ser digna e adecuada. Debe estar localizada nun contorno con todos os servizos urbanísticos e coas subministracións e os medios necesarios para o desenvolvemento persoal, familiar e veciñal das persoas que viven nelas, de acordo cos estándares dunha sociedade avanzada.>

Ademais, debe poder accederse a ela cuns custos que sexan soportables segundo os ingresos das familias. E, unha vez nela, debe terse a seguranza de poder vivir cunha certa continuidade no tempo: sen ameazas de desafiuzamentos, acoso e outras intimidacións.

Lamentablemente, a vivenda é percibida e tratada como un ben de investimento, en vez dun ben de primeira necesidade, tal e como se viu na crise económica que estalou en 2008. E agora, durante a pandemia da COVID-19, a vivenda volveu a mostrarse como un dos dereitos máis vulnerados.

Carecer dun fogar supón unha barreira no desenvolvemento das persoas e pode provocar situacións de exclusión social, polo que as administracións públicas teñen a obriga de procurar solucións para garantir o dereito a unha vivenda digna e adecuada.

Un home sen fogar, fotografado fronte a unha casa de empeños en Berlín

Un home sen fogar, fotografado fronte a unha casa de empeños en Berlín (Alemaña), o 30 de xullo de 2020. © REUTERS / Fabrizio Bensch

Vivienda e pandemia

Segundo datos da Organización Mundial da Saúde, arredor de 1800 millóns de persoas (máis do 20% da poboación mundial) carece dunha vivenda adecuada. E calcúlase que uns 1000 millóns de persoas viven en asentamentos informais. Outros 100 millóns non teñen fogar.

Para estas persoas que carecen de fogar, que viven en condicións de vida insalubres ou en amoreamento, a COVID-19 representa unha ameaza grave e inmediata para a súa saúde e a súa vida. Por exemplo, sabemos que máis de 2100 millóns de persoas carecen de auga potable nos seus fogares; e máis do dobre non dispón de saneamento seguro. Se o 40% da humanidade carece de instalacións básicas de lavado de mans, como frear a propagación do virus?

Como sinalou a anterior relatora especial da ONU sobre Vivenda Adecuada, o acceso a esta é agora, máis ca nunca, unha cuestión de vida ou morte. Sen un lugar estable e seguro para vivir é imposible protexerse e protexer as demais persoas.

Unha vista aérea mostra o barrio marxinal máis grande da cidade, Paraisópolis, en São Paulo

Unha vista aérea mostra o barrio marxinal máis grande da cidade, Paraisópolis, en São Paulo (Brasil), o 2 de abril de 2020. © REUTERS / Amanda Perobelli

#QuedaNaCasa

A medida que a pandemia se foi estendendo por todo o mundo, pediuse a milleiros de millóns de persoas que non saísen dos seus fogares. O cancelo #QuedaNaCasa foi escrito, repetido, rechouchiado e viralizado dentro e fóra do noso país durante meses, e agora, lonxe de desaparecer, volve a pairar sobre as nosas vidas.

Esta medida preventiva de saúde pública, que parecía sinxela de respectar, segue a ser imposible para as persoas que viven na rúa ou en vivendas inseguras ou superpoboadas.

Durante a pandemia, algúns gobernos locais e nacionais foron pondo en marcha mecanismos para protexer as persoas máis vulnerables, facilitando o adiamento do pago de hipotecas e a exención de pagamento de alugueiro público, entre outras. Mais, aínda que as medidas son necesarias, non se trata de esquivar unha situación concreta (por grave que sexa) senón de sentar as bases para reconstruír unha sociedade máis protexida.

Por iso, no Día Mundial do Hábitat, Amnistía Internacional súmase e pide que se garantan todos os dereitos económicos, sociais e culturaissen discriminación.

A longo prazo, os gobernos deben comprometer os recursos necesarios para aumentar o parque de vivendas sociais e facer que estas sexan accesibles e alcanzables para todas as persoas, sen discriminación. Os plans de recuperación da COVID-19 deben incluír estratexias creadas coa participación significativa de todas as persoas, incluíndo os sectores máis vulnerables e marxinados.

Se queremos saír desta pandemia como comunidades máis fortes e xustas, máis resistentes a futuras crises, os gobernos deben avaliar as súas medidas de resposta á COVID-19 desde o punto de vista dos dereitos humanos e adoptar solucións que garantan que as medidas de recuperación non afiancen aínda máis as pautas de pobreza e discriminación.

Axúdasnos a loitar por isto?