Ciham Ali ( Eritrea): secuestrada aos 15 anos, non a volveron ver

Ciham leva presa en Eritrea desde que tiña 15 anos despois de ser detida cando intentaba  cruzar de Eritrea a Sudán ©Saleh Younis
Ciham leva presa en Eritrea desde que tiña 15 anos despois de ser detida cando intentaba cruzar de Eritrea a Sudán ©Saleh Younis

As persoas participantes aprenden sobre os dereitos humanos e a desaparición forzada a través da historia de  Ciham, adolescente de 15 anos de  Eritrea. Como parte da actividade, anímase ás persoas participantes a escribir cartas de apoio a  Ciham e mostrar a súa solidariedade con ela.

Resultados da aprendizaxe:

         Comprender o concepto de desaparición forzada.

•         Recoñecer as violacións de dereitos humanos que causa a desaparición forzada.

•         Tomar conciencia de que os nenos e nenas teñen dereitos específicos.

•         Escribir cartas para apoiar a  Ciham Ali e mostrar solidariedade con ela.