Discursos tóxicos e desinformación

Mano sujetando un móvil en primer plano
©Getty Images/iStockphoto

Desde hai varios anos estamos a asistir a un aumento de contidos de desinformación e de discursos que
contribúen a alimentar a hostilidade contra certos individuos ou grupos de individuos. Estes discursos
normalízanse e xeneralízanse sobre todo en Internet e nas redes sociais. Este material é parte de dous
talleres. O primeiro, pensado para o alumnado do último ciclo de Primaria, céntrase na análise e a
reflexión sobre palabras tóxicas. O segundo, concibido para o alumnado de Secundaria, xira arredor dos
discursos tóxicos e os casos de desinformación presentes nos medios, especialmente en Internet e as redes
sociais.


Obxectivos:
• Comprender mellor a toxicidade e o impacto de certas frases ou discursos e da desinformación.
• Desenvolver competencias para dar resposta a estes discursos.
• Ampliar o noso espírito crítico.