Janna Jihad (Territorios Palestinos Ocupados): acosada por expor a violencia israelí

Retrato de Janna Jihad © AI
Retrato de Janna Jihad © AI

Esta actividade é unha introdución aos dereitos da infancia e a súa importancia para a vida diaria a través da historia de Janna Jihad, palestina de 15 anos. Como parte da actividade, anímase ás persoas participantes a escribir cartas de apoio a Janna e mostrar a súa solidariedade con ela.

Resultados de aprendizaxe:

  • Saber que os dereitos da infancia son dereitos humanos
  • Comprender a importancia dos dereitos da infancia na súa propia vida e na vida dos nenos e nenas palestinos
  • Sentir empatía cara aos nenos e nenas de Palestina cuxos dereitos infantís non se están a protexer