Mikita Zalatarou (Bielorrusia): adolescente encarcerado e sometido a golpes e descargas eléctricas

Mikita Zalatarou, manifestante bielorruso menor de idade, no interior dunha cela ©TUT.by
Mikita Zalatarou, manifestante bielorruso menor de idade, no interior dunha cela ©TUT.by

Nesta actividade examínase o dereito a un xuízo xusto a través de casos reais de violacións deste dereito. Na segunda parte da actividade, as persoas participantes poden escribir unha carta de protesta en favor de  Mikita  Zalatarou e mostrar a súa solidariedade con el.

Resultados da aprendizaxe:

•         Comprender o concepto de xuízo xusto.

•         Saber describir as consecuencias dunha violación do dereito a un xuízo xusto.

•         Coñecer as normas internacionais específicas sobre xustiza de menores.