Non á discriminación das persoas LGBTI

Primeiro plano dun paraugas que ten as cores do arco iris. © Pexels/Sharon McCutcheon
Primeiro plano dun paraugas que ten as cores do arco iris. © Pexels/Sharon McCutcheon

As persoas LGBTI sofren discriminación e violencia diaria en moitas partes do mundo. Con este material, composto de dous talleres, poderás traballar cos teus alumnos conceptos básicos de empatía e non-discriminación, recibir información sobre delitos de odio, e axudarlles a combater as noticias falsas que habitualmente van dirixidas contra estas persoas.

Resultados de aprendizaxe:

  • Tomarmos conciencia da existencia de discursos de odio contra persoas LGTBI no noso contorno, e do impacto nas vítimas e as consecuencias na comunidade.

  • Sensibilizármonos sobre a realidade da diversidade afectivo-sexual e a diversidade das estruturas familiares na sociedade actual.

Ligazón ao material.