As persoas participantes aprenderán sobre a oposición pacífica e o dereito á liberdade de expresión —que inclúe o dereito a buscar, recibir e difundir información— a través do caso real da artista Aleksandra Skochilenko, a quen as autoridades rusas detiveron por oporse pacificamente á guerra de Rusia contra Ucraína. Na actividade, anímase as persoas participantes a que escriban unha carta para solicitaren a liberdade inmediata e incondicional de Aleksandra e solidarizárense con ela.
Resultados de aprendizaxe. As persoas participantes:
comprenderán o concepto de liberdade de expresión e saberán relacionalo coa súa propia vida;
analizarán as consecuencias dunha violación do dereito á liberdade de expresión;
recoñecerán como se relacionan outros dereitos co dereito á liberdade de expresión;
saberán en que consiste a campaña Escribe polos Dereitos de Amnistía Internacional, e escribirán cartas para apoiaren a Aleksandra Skochilenko e solidarizárense con ela.
Para descargar: