Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to Catalá:] autorretrato de Francisco Vera ©privada

[Translate to Catalá:] autorretrato de Francisco Vera ©privada

Blog

Francisco Vera: A conciencia ambiental non ten idade

Ten 13 anos e é activista medioambiental desde os nove, cando comezou a tomar consciencia sobre a situación da Amazonia. En Villeta (Colombia) fundou o movemento Guardianes por la Vida: rapaces e rapazas que promoven a conciencia ambiental. Francisco Javier Vera Manzanares é asesor infantil do Comité de Dereitos do Neno da ONU e en 2019 converteuse no primeiro neno en dirixirse ao Congreso de Colombia para pedir que se fagan políticas a favor da vida.

Que papel teñen os rapaces e rapazas para frear o cambio climático?

Un papel moi importante, porque somos o futuro e o presente. Imos ser os principais afectados e tamén os que teremos que mudar a situación, indefectiblemente.

Como lle afecta a este colectivo o cambio climático?

Afecta dereitos específicos, como a vivenda, a educación ou o acceso a un saneamento e un servizo de auga básicos. Ademais, non ve

Francisco Vera Manzanares é activista ambiental e embaixador de Boa Vontade pola Unión Europea en Colombia. © César Rangel

Como xorde a idea de crear Guardianes por la Vida?

Para alzarmos as voces, reivindicarmos a situación ambiental e sermos escoitados como nenos. Irmos ao Congreso colombiano foi un punto de inflexión que fixo que moitos máis mozos, mozas, nenos e nenas se unisen ao movemento. Hoxe somos máis de 700.

Que actividades realizades?

Actividades de educación ambiental. Temos unha rede de escolas, unha escola de formación climática e xustiza cidadá e ambiental, e tamén un seminario virtual, que naceu coa pandemia, con charlas con persoas como científicos, expertos en dereitos humanos ou a presidenta da Corte Constitucional colombiana, que nos falou sobre como utilizar as ferramentas xurídicas que temos para podermos defender ou denunciar unha situación de inxustiza ambiental nun territorio específico. A raíz destas charlas, cada neno propuña un proxecto para facer no seu contorno, como reciclar o aceite de cociña, tapóns ou pilas, facer un horto na casa etc.

Que se traballa na escola de formación climática e xustiza cidadá e ambiental?

Buscamos formular eses tres eixes e a partir de aí tratar temas como a Axenda 2030, os ODS, o dereito a un ambiente digno, san e limpo etc. Noutras sesións, cartográfase o terreo, é dicir, identifícase como é o noso territorio, para localizar problemas e ver solucións. Por exemplo, observouse que existía o problema de que se tiraban moitos residuos, e un grupo foi á radio local para falar de como separalos. Son cousas sinxelas que inflúen en cousas tan grandes como os dereitos.

Falas sempre da ecoesperanza. Que é?

A Declaración da Ecoesperanza é outro dos nosos proxectos, ao que pertencen nenos de moitos máis países. Xurdiu coa COP 27, porque estes espazos de suma relevancia non contan coa representación dos nenos e nenas e as nosas voces deben estar máis integradas nas negociacións climáticas no ámbito global. O ano pasado eu puiden intervir na negociación sobre balance global e foi algo histórico, porque está establecido que os menores de 18 anos non poden participar ou dar unha opinión. Por iso, presentámonos facendo unha serie de propostas e peticións, como, por exemplo, educación climática, ter en conta como vulnera o cambio climático os nosos dereitos ou políticas reais para acelerar os esforzos na transición enerxética, e, ademais, que esas propostas poidan chegar a instancias locais, rexionais e nacionais e que sexan leis que obriguen os Estados a cumprilas ou un tratado vinculante que precisamente faga que esta serie de peticións se converta nunha realidade.

Moitos dos compromisos en foros como a COP 27, na que participaches, quedan en papel mollado por parte dos gobernos. Por que?

Hai obxectivos que están moi lonxe da realidade, porque, coma sempre nos estados, cando falan do medio ambiente teñen unhas miras finalmente económicas. O obxectivo, por exemplo, de manter a suba da temperatura por debaixo dos 1,5 graos está afastándose cada vez máis. Eses obxectivos vense anulados polos intereses e as situacións económicas dos Estados, aínda que non se pode xeneralizar. Tamén hai que ter en conta que as grandes potencias mundiais deben asumir esa responsabilidade ambiental.

Francisco Vera en Glasgow. © pamela_ea

Cales son as prioridades coas que hai que traballar?

Son claves a prevención, a mitigación e a recuperación dos efectos do cambio climático.

É difícil chegar á poboación e trasladar unha conciencia ambiental?

Si, talvez moitas persoas están máis preocupadas polo día a día, e non tanto polas cuestións da xustiza climática e social, mais creo que pouco a pouco se logrará.

Que podemos facer no noso día a día para pór o noso gran de area?

No día a día é moi importante, por exemplo, reciclar, utilizar medios de transporte máis amigables co medio ambiente, utilizar a bicicleta, reducir o noso consumo de plásticos etc., pero o máis importante é alzarmos a voz, organizármonos, porque estes cambios non se logran de xeito individual: son cambios colectivos que temos que facer todos.

Que mensaxe dirías para animar a rapaces e rapazas a que se sumen a seren activistas medioambientais?

Unha mensaxe de urxencia. Temos un futuro moi difícil e non podemos quitarnos esa responsabilidade que temos. Hai que asumila concompromiso e solidariedade.

Que retos tes como activista medioambiental?

Todos os retos que comentabamos; tamén, chegar á cidadanía, tendo en conta que hai contextos de lugares como Colombia que poñen en risco a situación de seguranza dos activistas ambientais, así que hai moitas cousas que realmente son un reto dentro dese labor de activismo ambiental.