Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to Galego:]

[Translate to Galego:]

Blog

A educación para elas cae en Cabul: este 8-M saímos polas mulleres e nenas de Afganistán

Alejandro Galvez (agalvez@es.amnesty.org), Responsable de Movilización de Infancia y Comundidad Educativa de Amnistía Internacional España,

A pesar de corenta anos de guerra, de catástrofes naturais, seca e pobreza e da pandemia da covid-19, Afganistán conseguiu realizar progresos na educación en todos os niveis.

Todo mudou en agosto de 2021, tras a toma do poder por parte dos talibáns, deixando un futuro incerto para as novas xeracións. Do mesmo xeito que outros servizos públicos, o sistema educativo afgán viuse enormemente afectado, e o dereito á educación, especialmente das mulleres e nenas afgás, está gravemente ameazado. Segundo os datos da Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas (OCHA), polo menos 1,4 millóns de nenas non tiveron acceso á educación secundaria desde que os talibáns se fixeron co poder.

A educación para as nenas menores de 12 anos segue estando permitida, aínda que o número de estudantes de educación primaria caeu drasticamente desde 2021. Esta caída ocorreu tras a decisión das autoridades talibáns de prohibirlles ás mestras impartirlles clases aos nenos e nenas. Actualmente, Afganistán é o único país do mundo que lles prohibe o acceso á educación ás nenas maiores de 12 anos e ás mulleres.

Por este motivo, para o 8-M deste ano queremos volver mobilizar a Rede Educativa polos dereitos das mulleres e nenas afgás, incluíndo, naturalmente, o dereito á educación. Temos dispoñibles varios materiais, talleres e recursos sobre a situación das mulleres e nenas afgás, que recompilamos neste post para que poidades escoller os que máis vos interesen para traballar.

Tamén preparamos unhas follas de sinaturas, adaptadas para centros educativos, coas que os e as estudantes poderán pasar á acción, o cal se sumaría ás diferentes propostas de acción incluídas nos materiais. É dicir, que este ano non propomos enviar cartas ou postais, senón asinar as follas adaptadas que tendes anexadas neste post, xunto con calquera das outras propostas que consideredes pertinente realizar de maneira adicional, incluídas na seguinte listaxe.

Tendes que enviar as follas de sinaturas adaptadas á sede de Amnistía Internacional España: Calle Fernando VI, 8, 1.° izquierda, centro, 28004 Madrid.

Recompilación dos materiais que tendes á vosa disposición na Rede Educativa (ligazóns incluídas nos títulos):

Además de los diferentes materiales didácticos listados a continuación, hemos actualizado la presentación PowerPoint que resume como se han ido deteriorando progresivamente los derechos humanos de las mujeres y niñas de Afganistán desde la vuelta al poder de los talibanes. Tenéis adjuntada dicha presentación en este post (arriba a la izquierda, en el apartado “Para más información”), y también en este enlace

Material didáctico “Mulleres e nenas en Afganistán: elas son a revolución 

Inclúe:

  • Unha explicación da situación das mulleres e nenas afgás, así como do contexto xeral dos dereitos humanos no país (diapositiva 4).
  • A exposición descargable “Elas son a revolución”, que consta de seis paneis nos que se fala de 16 mulleres defensoras de dereitos humanos afgás, que podedes imprimir e pegar polas paredes e as aulas do voso centro (diapositiva 8).
  • Tres actividades educativas (diapositivas 9 a 23): unha sobre liberdade de expresión (idade +10), outra sobre dereito á educación (idade +18) e outra sobre a prohibición de practicar deporte (idade +10). Cada actividade baséase en casos reais de mulleres afgás.
  • Modelos de follas de sinaturas adaptadas a centros, para que os e as estudantes poidan pasar á acción polos dereitos das mulleres e nenas afgás (diapositiva 25).
  • Carteis con deseños e mensaxes en inglés, coa etiqueta #OpenSchoolsForGirls, para defender o dereito á educación das mulleres e nenas, que tamén podedes imprimir e pegar no voso centro (diapositiva 26).
     

Material didáctico “#ProhibidoNenas: dereito á educación das nenas afgás”

Máis centrada no dereito á educación, con información de contexto na diapositiva 5. Inclúe:

  • Deseños con testemuños de estudantes afgás (diapositivas 6 a 9).
  • Unha liña temporal moi visual coas vulneracións cometidas polos talibáns durante o seu primeiro ano no poder, incluída a prohibición de educación para as nenas maiores de 12 anos e as mulleres (diapositivas 10 a 15).
  • Diferentes propostas de acción para as aulas (diapositivas 18 a 20).
  • Diferentes actividades educativas para primaria (8-11 anos), secundaria e persoas adultas (diapositivas 21 a 29).

Material didáctico “Mulleres e nenas en Afganistán: Actúa por elas na clase!

Trátase dun material máis centrado en actividades de mobilización (non tanto didácticas) para as aulas. Inclúe:

  • Diferentes propostas para antes, durante e despois do 8-M (ata o final do curso). Diapositivas 2 a 8.
  • Un modelo de pronunciamento público para o centro (diapositiva 8).
  • Presentación “Elas son a revolución”. Trátase dunha presentación en formato PowerPoint (non confundir coa exposición sobre as 16 mulleres afgás antes mencionada), na que se explica a deterioración dos dereitos humanos das mulleres e as nenas en Afganistán.

MATERIAIS


Esperamos que atopedes as diferentes propostas interesantes e enriquecedoras. Lembrade que sempre nos vén ben ter información das actividades que realicedes, e que podedes comentarnos calquera dúbida que teñades. Para todo iso, podedes escribirnos a agalvez@es.amnesty.org e a redescuelas@es.amnesty.org

Seguimos!