Precaucións traballando con menores
Algunhas das propostas de Amnistía Internacional propoñen que menores de idade realicen peticións a autoridades co fin de mellorar os dereitos humanos nun país concreto. Debedes ter as seguintes precaucións:
Envío de cartas e postais
- Os e as menores non deben incluír datos que permitan a súa identificación, polo que recomendamos limitarse a nome de pía e idade.
- En caso de alumnado de primaria, recomendamos solicitar autorización paterna de forma previa á realización dos envíos.
Vídeos e fotografías
- No caso destas propostas, é necesario que solicitedes aos representantes legais do menor a autorización por escrito antes de subir os vídeos ou enviar calquera fotografía, tal e como determina a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
Condicións de uso
- O profesorado, o alumnado e os centros educativos inscritos na Rede de Escolas non forman parte das estruturas ordinarias de activismo de AI España, polo que calquera actividade que realicen será no seu propio nome.
- No caso dos Grupos Escolares, só poderán participar estudantes maiores de 12 anos (inclusive). Os centros que queiran pertencer a Rede de Escolas polos Dereitos Humanos cuxo alumnado sexa de primaria non poderán formar Grupos Escolares, mais si poderán pertencer e esta. Os grupos escolares non pertencen ás estruturas ordinarias da organización, e realizan accións baixo a responsabilidade dos estudantes e o profesorado implicado.
- As persoas adultas responsables dos centros que participan na Rede de Escolas e que queiran facer pública a súa experiencia no traballo coa protección dos dereitos humanos a través de textos, fotos ou vídeos na web desta Rede poderán facelo tendo en conta que non se poderá facilitar a identificación de menores de idade, en caso de apareceren no material gráfico.
- Esta web non almacena datos persoais dos e das menores participantes na Rede de Escolas polos Dereitos Humanos. O obxectivo desta web e de aplicacións futuras é o da dinamización do traballo que polos dereitos humanos se fai desde esta Rede.