O obxectivo da Rede Educativa é facer do centro escolar un espazo de reflexión sobre os nosos dereitos e os dereitos das demais persoas, nun marco participativo e interactivo. Ademais, é unha invitación á comunidade educativa (profesorado, alumnado, persoal non docente, pais e nais) para que se comprometan coa loita polos dereitos humanos, converténdose en verdadeiros activistas.
Sempre temas de dereitos humanos, vinculados ás grandes campañas e ás persoas polas que está a traballar Amnistía Internacional. Recibiredes propostas sobre presos/as de conciencia, pena de morte, tortura, dereito á vivenda e á saúde, infancia etc.
Non. A Rede Educativa está pensada para que poidas organizarte como queiras, dependendo do tempo de que dispoñas. Darte de alta non supón máis compromiso do que ti mesmo/a te marques.
A Rede Educativa de AI compatibiliza a parte formativa/educativa con propostas de acción concretas sobre casos reais en que traballa a organización. Queremos que estudantes e profesorado afonden en temas de dereitos humanos e ao tempo actúen de forma concreta coas súas sinaturas ou as súas mensaxes sobre leis inxustas ou persoas encarceradas en todo o mundo. A Rede de AI traballa sobre persoas reais que están a sufrir vulneracións de dereitos humanos.
Non. Trataremos de che ofrecer propostas de acción, información sobre os casos en que traballa AI e outras cuestións de interese mediante correo electrónico, como máximo cada dúas ou tres semanas.
Normalmente propomos 4 ou 5 grandes accións de dereitos humanos durante o curso, que adoitan estar vinculadas a datas clave (p. ex: Día da Muller ou Día dos Dereitos Humanos). Adicionalmente, pode haber propostas de acción sobre casos urxentes (p. ex: persoas condenadas a morte) que poden precisar da nosa axuda nun prazo curto. Participade nas que poidades; calquera axuda que poidades ofrecer será moi ben recibida por estas persoas.
Dependendo de cal sexa a túa localidade, a capacidade de AI para colaborar contigo e darche apoio variará. Nalgunhas localidades, poderás contar con activistas de AI que che axudarán no teu labor, e noutras non haberá tanta sorte. De calquera xeito, é boa idea que regularmente teñas contacto mediante correo ou teléfono co grupo local de AI máis próximo.
Estaremos encantados de recibilos, axudarvos no que poidamos e cambiar o que sexa necesario para que a Rede mellore. Se tes calquera cousa que nos comentar, fáinola chegar a redescuelas@es.amnesty.org.
O teu centro pode chegar a un compromiso de maior impacto, creando un Grupo Escolar estable; esta é unha estupenda forma de que rapaces e rapazas menores de idade sexan parte activa dun movemento internacional de recoñecida imparcialidade, que centra a súa loita a prol da defensa dos dereitos humanos en todo o mundo. Os Grupos Escolares están formados por estudantes da ESO ou de bacharelato, supervisados por un membro do profesorado ou da ANPA do seu centro, e contan cun importante apoio por parte da organización no traballo que realizan. Se tes interese en montar un, non dubides en pórte en contacto connosco.
Si. Moitas das propostas que realizamos son perfectas por estrutura e duración para seren realizadas en ámbitos de educación non-formal, como escolas de ocio e tempo libre, actividades promovidas por concellarías de xuventude, talleres para adultos etc.