Hai máis de dous anos que o mundo é testemuña dun grao inconcibible de morte e destrución na Faixa de Gaza ocupada. Os brutais ataques de Israel mataron decenas de milleiros de persoas, borraron familias enteiras, arrasaron barrios residenciais, destruíron infraestruturas básicas e desprazaron forzosamente 1,9 millóns de palestinos e palestinas. O resultado: unha catástrofe humanitaria sen precedentes.
As “liñas vermellas” —matar civís, asasinar nenos/as, impedir a axuda, usar a fame como arma— foron cruzadas unha e outra vez. Non podemos permitir a indiferenza: necesitamos unha resposta masiva e visible.
Propómosche que te unas á campaña “Liña Vermella por Gaza”, unha acción cidadá cun xesto común: vestirse de vermello e marcar unha liña vermella en espazos públicos, centros de traballo, universidades, centros educativos e redes sociais, para denunciar o xenocidio en Gaza e mostrar que a sociedade civil non acepta a indiferenza.
Esta iniciativa xa se puxo en marcha en países como Reino Unido, Bélxica ou Holanda con moito éxito de convocatoria. É unha acción sen logos, con materiais comúns e cos seguintes lemas compartidos:
MARCA A LIÑA VERMELLA POR GAZA
APOIA A LIÑA VERMELLA POR GAZA
SÚMOME Á LIÑA VERMELLA POR GAZA
Cando?
- A semana do 13 ao 19 de outubro de 2025, especialmente o día 16 de outubro
Se non che cadran estas datas, podes facelo máis adiante
Onde?
Haberá mobilización en moitas cidades, pero é fundamental que se lle dea visibilidade á campaña en centros educativos, universidades e asociacións.
Que che ofrecemos?
- Ideas para accións en distintos ámbitos e especificamente en centros educativos.
- Materiais gráficos comúns: carteis e deseños de redes sociais.
- Mensaxes clave e consellos prácticos para pór en marcha a campaña.
- Un espazo onde subir as túas fotos e vídeos das túas accións.
Que podo facer?
- No kit de campaña dámosche varias ideas, mais podes crear a túa propia acción.
- O importante é que se centre na cor vermella e nos lemas comúns.
Se, ademais de participar na campaña, queres traballar o tema co alumnado, tes á túa disposición os talleres “Da perda á esperanza” en recursos educativos.
Contamos contigo para marcar con forza a #LíneaRojaPorGaza!

