Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

[Translate to Galego:] Oleksandra, de 3 años, recibe un regalo de Navidad de la organización de ayuda humanitaria UA Future, que está entregando regalos a los niños y niñas que viven en refugios subterráneos antes de la Navidad ortodoxa, mientras continúa el ataque de Rusia contra Ucrania, en Bakhmut, Ucrania, 4 de enero de 2023. © REUTERS/Clodagh Kilcoyne

Blog

Os dereitos de nenas e nenos durante un conflito armado

Por el Equipo de Infancia de Amnistía Internacional España,

Este 20 de novembro de 2023 cúmprense 34 anos desde a aprobación da Convención sobre os dereitos do neno. Porén, aínda estamos lonxe de garantir os dereitos que se consagran nela. Dentro das violacións máis graves que pode sufrir unha nena ou un neno están as que se dan no contexto dun conflito armado.

As nenas e os nenos, como suxeitos en situación de especial vulnerabilidade, son un dos grupos de persoas que máis sofren durante un conflito armado, e por iso os estados e a comunidade internacional teñen obriga de brindarlles unha protección especial. Xa na Declaración de Xenebra sobre os dereitos do neno de 1924 se declarou que “a humanidade ha de outorgarlle ao neno o mellor que poida darlle” e que “o neno debe ser o primeiro en recibir socorro en caso de calamidade”.

Tamén existen leis e normas que velan pola seguridade de nenas e nenos e das súas comunidades e que contribúen á recuperación despois da guerra. Os instrumentos internacionais consagran o dereito de nenas e nenos a viviren nun lugar seguro e pacífico.

Segundo esta premisa, os estados elaboraron un marco xurídico moi complexo de acordo co dereito internacional dos dereitos humanos, o dereito internacional humanitario e o dereito penal internacional, co obxecto de establecer unha especial protección a nenas e nenos fronte á actuación de axentes estatais e non-estatais.

Una niña se abraza a su madre. Infancia bajo amenaza: desafíos y soluciones

Unha nena abraza a súa nai tras regresar pola fronteira entre Ucraína e Belarús, en Kiív, 8 de abril de 2023. © REUTERS/Valentyn Ogirenko

Por que as nenas e os nenos son un grupo especialmente vulnerable nun conflito armado?

Os nenos e as nenas son os que están máis expostos ás consecuencias das guerras. Con frecuencia, non teñen máis remedio que fuxir dos seus fogares pola forza, presenciar atrocidades ou mesmo cometer persoalmente crimes de guerra.

A pesar de existir unha serie de normas que “regulan a guerra” (tanto a través do dereito internacional dos dereitos humanos como do dereito internacional humanitario), é moi frecuente que os estados desprecen esta normativa, o cal afecta desproporcionadamente nenas e nenos, que normalmente son invisibles nestes conflitos.

Que axuda específica require unha nena ou un neno durante un conflito armado?

A axuda que as nenas e os nenos precisan no contexto dun conflito armado depende da valoración que se realice da súa situación en concreto. Hai necesidades básicas que son as mesmas que teñen as persoas adultas –alimentos, auga, refuxio, atención sanitaria– e outras que, pola súa idade, son máis específicas; por exemplo, artigos infantís, atención médica pediátrica, material educativo etcétera.

Cal é a normativa que regula a protección xurídica especial de nenas e nenos durante un conflito armado?

A protección especial dos nenos e nenas vai por dúas vertentes. Por unha banda, no sistema internacional dos dereitos humanos, os dereitos da infancia están consagrados e resgardados na Convención sobre os dereitos do neno e, en particular, no Protocolo facultativo relativo á participación dos nenos en conflitos armados.

Por outra banda, o dereito internacional humanitario tamén establece a protección especial que merecen nenas e nenos e que obriga os estados. Así, os catro Convenios de Xenebra de 1949 e os seus Protocolos adicionais de 1977 ofrécenlles protección específica aos nenos durante os conflitos armados, de maneira que a infancia ten unha dobre protección: a xeral, que se lles confire como persoas civís ou persoas que non participan ou deixaron de participar nas hostilidades, e a protección específica da que gozan na súa calidade de nena ou neno. Son máis de 25 os artigos dos Convenios de Xenebra e os seus Protocolos adicionais os que se refiren especificamente a nenas e nenos, e comprenden normas sobre a pena de morte, o acceso aos alimentos e á atención sanitaria, a educación en zonas de conflito, a detención, a separación dos familiares e a participación de nenas e nenos nas hostilidades.

Un adolescente herido en una camilla es trasladado. Garantizar la seguridad infantil en contextos de conflicto armado

Os médicos evacúan a Yaroslav, de 13 anos, despois de resultar ferido preto de Khersón (Ucraína) durante un ataque militar ruso, 1 de xaneiro de 2023. © REUTERS/Oleksandr Ratushniak

Cales son as violacións de dereitos que sofren as nenas e os nenos durante un conflito armado?

A Organización das Nacións Unidas definiu seis violacións graves contra os nenos e nenas en tempos de guerra:

  1. O asasinato e a mutilación de nenos/as
  2. O recrutamento ou a utilización de nenos/as como soldados
  3. A violencia sexual contra os nenos/as
  4. O secuestro de nenos/as
  5. Os ataques contra escolas e hospitais
  6. A denegación de acceso humanitario para os nenos/as

As violacións graves afectan por igual os nenos e as nenas?

Non. As violacións graves afectan de forma diferente os nenos e as nenas.

Segundo os casos denunciados pola ONU, dos menores de idade recrutados, o 85% eran nenos. Mentres tanto, o 98% dos actos de violencia sexual cometéronse en contra de nenas. Polo que respecta ao secuestro e á matanza, así como á mutilación, estes actos afectaron de forma máis notable os nenos que as nenas (un 76% e un 70%, respectivamente).

Un ex neno soldado sostén unha arma mentres participa nunha cerimonia de liberación de nenos soldados, nas aforas de Yambio (Sudán do Sur), 7 de agosto de 2018. © REUTERS/Andreea Campeanu

Poden os nenos e nenas ser recrutados para participar nun conflito armado?

De acordo coa Convención de Xenebra e o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional, o recrutamento ou a utilización en hostilidades de menores de 15 anos é un crime de guerra.

Non obstante, a ONU verificou 266.000 casos de violacións graves contra nenos en máis de 30 situacións de conflito en África, Asia, Oriente Medio e América Latina nos últimos 16 anos. Isto inclúe máis de 104.100 nenos mortos e mutilados, 93.000 nenos recrutados, 25.700 nenos secuestrados e outros 14.200 nenos vítimas de violencia sexual, segundo as cifras publicadas por Unicef.

Por que os grupos armados prefiren secuestrar e recrutar os nenos e as nenas como soldados antes que unha persoa adulta?

Os nenos e as nenas son recrutados porque son máis obedientes e manipulables. Non cuestionan as ordes e non teñen os recursos necesarios para saíren desa situación.

Ademais, custan menos, xa que os investimentos necesarios para recrutar, adestrar e preparar os nenos e as nenas para os conflitos son máis baratos que os dos adultos. Doutra banda, na maioría dos casos sérvense deles e delas para que actúen como terroristas suicidas, porque é menos probable que chamen a atención.

Un evento de reclutamiento. Proteger a la infancia en conflictos armados

Un soldado axuda un neno a apuntar e disparar nun evento de recrutamento do exército en Taipei (Taiwán), 1 de xullo de 2023. © REUTERS/Ann Wang

O dereito á educación pode suspenderse durante os conflitos armados ou outras situacións de emerxencia?

Non, o dereito ao acceso á educación non cesa por mor dos conflitos. A educación ten un papel fundamental na satisfacción das necesidades e o respecto dos dereitos das nenas e dos nenos en situacións de conflito e no período posterior a un conflito, no que se refire tanto á prevención como á rehabilitación.

O dereito á educación dos nenos durante os conflitos armados é un tema de grande importancia. Nos conflitos armados, a educación non adoita considerarse tan importante coma outros dereitos e a miúdo pásase por alto. Con todo, a educación nestas situacións é vital para todos os nenos, xa que lles proporciona moito máis que o dereito a aprender. É de moita relevancia para o seu benestar físico e psicolóxico.

A educación en situacións de emerxencia é unha resposta esencial para salvar vidas, que debe considerarse prioritaria e utilízase en situacións de conflitos armados ou catástrofes provocadas por perigos naturais ou pandemias. Estas situacións destrúen, nun breve período de tempo, os centros de coidado, atención e educación dos nenos e nenas, co que interrompen, negan e obstaculizan o cumprimento do dereito á educación. O elevado número de países afectados por conflitos armados deixa moitos menores fóra da escola.

Os conflitos armados teñen un grave impacto psicolóxico nos nenos e nenas por múltiples razóns, como o estrés durante a guerra, a morte do seu pai, da súa nai ou de parentes próximos, ou a separación a longo prazo das súas familias. A educación pode reducir considerablemente o efecto psicosocial dos traumas e os desprazamentos.

Un grupo de niñas yemeníes se divierten jugando. Proteger a la infancia en conflictos armados

Unhas nenas xogan nun parque en Sanaa (Iemen), 4 de abril de 2023. © REUTERS/Khaled Abdullah

Cales son as obrigas dos estados respecto aos nenos e nenas que están a vivir unha situación de conflito armado?

Os estados teñen varias obrigas respecto aos nenos e nenas durante un conflito armado, segundo establecen o dereito internacional e a Convención sobre os dereitos do neno; entre elas, as seguintes:

  1. Protección xeral da infancia. En situación de conflito armado, as nenas e os nenos, como persoas civís, teñen dereito a un trato humano que implica o respecto á vida e á integridade física e moral.

  2. Protección especial da nena e do neno. Confíreselle á infancia o dereito a unha protección especial, adaptada ás súas necesidades. “Os nenos serán obxecto dun respecto especial e serán protexidos contra calquera forma de atentado ao pudor” (Protocolo I, art. 77) e proporcionaránselles “os coidados e a axuda que necesiten” (Protocolo II, art. 4).

  3. Recrutamento de nenos e nenas. O Protocolo Facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno prohibe o recrutamento ou alistamento de nenos menores de 15 anos ou a súa utilización para participaren activamente nas hostilidades.

  4. Rehabilitación e reintegración social. Os estados deben fortalecer a cooperación internacional na aplicación deste protocolo, así como as actividades de rehabilitación física e psicosocial e de reintegración social dos nenos e nenas que son vítimas de conflitos armados.

  5. Educación sobre o Protocolo. Aléntase a participación das comunidades e, en particular, dos nenos e nenas e das vítimas infantís na difusión de programas de información e de educación sobre a aplicación do Protocolo.

É importante destacar que todas as partes combatentes deben cumprir coa súa obriga de protexer a infancia e pórlles fin ás graves violacións que se perpetran en tempos de guerra.