Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Coleccións de recursos educativos

As coleccións organízanse por temas, para que poidas atopar con maior facilidade os recursos educativos que precisas. En cada un dos temas atoparás o buscador para que poidas afinar o resultado. Se queres materiais doutros temas diferentes, podes usar a lupa que está á túa disposición na barra superior da páxina.

imaxe de contexto

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos serve de plan de acción global para a liberdade e a igualdade. Todos os países están vinculados aos 30 artigos da Declaración segundo o acordo da ONU no ano 1948.

imaxe de contexto

Mulleres e nenas

As mulleres son a metade da poboación mundial e teñen os mesmos dereitos que os homes. Con todo, milleiros de mulleres e nenas en todo o mundo non gozan destes dereitos.

imaxe de contexto

Dereitos sexuais e reprodutivos

Todas as persoas temos dereito a tomar decisións sobre a nosa saúde, o noso corpo, a nosa sexualidade e a nosa vida reprodutiva. E temos dereito a facelo sen medo a sermos encarceradas, golpeadas ou asasinadas.

imaxe de contexto

Infancia

Nenas, nenos e adolescentes son titulares de todos os dereitos recoñecidos pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos e pola Convención sobre os Dereitos do Neno.

imaxe de contexto

Educación en Dereitos Humanos

A educación en dereitos humanos é un proceso que calquera pode emprender, a calquera idade e en calquera lugar, para aprender sobre os seus dereitos humanos –e os doutras persoas– e a maneira de os reclamar.

imaxe de contexto

LGBTIQ+

En moitos países encarcérase e mesmo condénase a morte a persoas lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais con leis que penalizan e prohiben a súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero.

imaxe de contexto

Cambio climático

Os dereitos humanos están estreitamente unidos ao cambio climático. Ademais de ameazar nosa propia existencia, este repercute de forma daniña no noso dereito á vida, á saúde, á alimentación, á auga e á vivenda.

imaxe de contexto

Liberdade de expresión

O dereito a difundir, buscar, recibir e compartir información e ideas, así como o dereito á protesta, son esenciais para nos desenvolver como persoas, axudar as nosas comunidades e acceder á xustiza.

imaxe de contexto

Defensores e defensoras dos dereitos humanos

Os defensores e defensoras son aquelas persoas que actúan pacificamente, sen recorreren á violencia, para promover e protexer a universalidade e indivisibilidade dos dereitos de pobos e individuos.

imaxe de contexto

Xustiza racial

Alcanzar a xustiza racial implica traballar para un cambio de carácter sistémico abordando as causas fundamentais da opresión racial na súa interacción co patriarcado, co colonialismo, coa escravitude e coa desigualdade económica.

imaxe de contexto

Conflitos armados

Moitas das graves violacións de dereitos humanos cométense en contexto de guerra: a violencia sexual como arma de guerra, o recrutamento de nenos e nenas e os ataques directos contra a poboación e as infraestruturas.

imaxe de contexto

Refuxio

Nos últimos anos, o mundo está a vivir unha crecente crise de refuxiados e refuxiadas. Cada día hai persoas que deben tomar a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o seu fogar en busca dunha vida mellor, ou simplemente salvala.