Conxunto de materiais educativos relacionado coa campaña en torno á dignidade das persoas e os dereitos económicos, sociais e culturais, centrado nas vinculacións entre a pobreza e a vulneración destes dereitos.
Inclúe un glosario de termos, contido explicativo sobre pobreza e dereitos humanos, así como a súa relación, pautas para o traballo na temática e cinco actividades para desenvolver en grupo. As actividades están pensadas cunha orde específica e para poder afondar na temática desde un enfoque integral, malia que cada una delas pode realizarse de maneira independente.
Obxectivos
- Entender como a pobreza pode aumentar as probabilidades de sufrir violacións de dereitos humanos.
- Reflexionar sobre como as violacións de dereitos humanos poden crear, afondar ou perpetuar situacións de pobreza.