Banda deseñada: “Dos viajes por una vida mejor”

Extracto da BD ‘Dos viajes por una vida mejor’ © Gonzalo de Santisteban
Extracto da BD ‘Dos viajes por una vida mejor’ © Gonzalo de Santisteban

Hai moitos nenos, nenas e adolescentes menores de 18 anos que chegan ás nosas costas sen axuda nin coidado dunha persoa adulta. Detrás destas persoas agáchase a realidade de millares de rapaces e rapazas que se ven forzados a abandonar os seus fogares fuxindo de situacións de pobreza, conflitos armados e graves vulneracións dos dereitos humanos.

Nesta BD elaborada polo ilustrador Gonzalo de Santisteban, contámosche as vivencias reais de Leas e Adil, dous menores de idade que nos narraron a súa historia de loita e superación na procura dunha vida mellor. O material pode ser utilizado nas túas aulas para sensibilizar sobre as vulneracións de dereitos humanos que sofren as persoas migrantes. 

Resultados de aprendizaxe:

    • Identificar prexuízos e estereotipos con respecto a persoas menores estranxeiras non acompañadas.

    • Identificar mensaxes tóxicas emitidas desde medios de comunicación e redes sociais

    • Construír unha mensaxe en defensa dos Dereitos Humanos e a dignidade das persoas que emigran a diferentes lugares

    • Tomar consciencia da situación de persoas menores estranxeiras que saen dos seus países de orixe.