Participar no curso dotarate de coñecementos e aptitudes que che permitirán coñecer e reclamar os teus dereitos e os dereitos doutras persoas, consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Ademais, suporá o desafío de pensar de maneira crítica, analizar os dereitos humanos na túa vida cotiá a través de vídeos e casos prácticos e deseñar accións eficaces en favor da defensa e da promoción dos dereitos humanos. Tamén lerás unha gran variedade de historias de todo o mundo relacionadas cos dereitos humanos.
Resultados de aprendizaxe:
Explicarlles a outras persoas os principios clave dos dereitos humanos.
Describir como se relaciona a Declaración Universal dos Dereitos Humanos coa vida cotiá.
Xustificar a importancia do respecto aos principios clave dos dereitos humanos.
Determinar o que podes facer en favor dos dereitos humanos.
Duración: 90 minutos
Formato: interactivo e autoavaliativo
Certificación: certificado de participación

