Neste curso explícase a importancia da educación en dereitos humanos na sociedade e ofrécense coñecementos prácticos para a planificación e organización eficaz das clases. Tanto se es do mundo educativo como se es activista dunha organización, atoparás consellos e ferramentas para crear e facilitar espazos de educación en dereitos humanos.
Resultados de aprendizaxe:
Describir a educación en dereitos humanos e a súa importancia para transformar as persoas e a sociedade.
Explicar os elementos clave da educación en dereitos humanos na práctica.
Recoñecer a función e a responsabilidade de facilitar un contorno de aprendizaxe seguro, inclusivo e participativo.
Identificar ferramentas para superar os retos e coidar o teu benestar como educador/a en dereitos humanos.
Deseñar actividades de educación en dereitos humanos inclusivas e accesibles.
Duración: 3 horas
Formato: interactivo e autoavaliativo
Certificación: certificado de participación