Na complexa rede social das escolas, o acoso escolar é un problema que afecta estudantes en todo o mundo. Aínda que existiu durante décadas, o aumento da conciencia pública e da investigación no campo da psicoloxía e da educación puxeron de relevo a gravidade deste fenómeno.
En España, moitos casos de acoso escolar permanecen ocultos. Trátase dunha vulneración dos dereitos humanos que afecta millares de nenos, nenas e adolescentes e as súas familias cada día. Este curso presenta ideas clave para entender o acoso escolar e ofrece accións concretas para abordar eficazmente o problema.
Resultados de aprendizaxe:
- Coñecer os conceptos relacionados co acoso escolar en calquera das súas formas.
- Identificar accións para lles garantir espazos libres de acoso escolar a nenos, nenas e adolescentes.
Duración: 60 minutos
Formato:interactivo e auto-avaliativo
Certificación: certificado de participación

