Sobre os dereitos humanos debátese, fanse consideracións, infórmase, reivindícase e cuestiónase nos medios de comunicación, na política nacional e internacional e nos contextos profesionais e educativos. A maioría das persoas oirían falar nalgún momento dos dereitos humanos e terán unha determinada percepción deles.
Este curso axudarache a coñecer os conceptos clave dos dereitos humanos e formarate para promovelos. Descubrirás como podes actuar para promover e reclamar os dereitos humanos para ti e para todo o mundo.
Resultados de aprendizaxe:
Explicar como se relacionan os dereitos humanos coa túa vida cotiá.
Argumentar a importancia de defender os dereitos humanos.
Distinguir entre as diferentes funcións dos actores clave na promoción dos dereitos humanos.
Definir o teu propio papel na defensa e na promoción dos dereitos humanos.
Duración: 3 horas
Formato: interactivo e autoavaliativo
Certificación: certificado de finalización (gratuíto)

