O traballo sobre a xustiza racial en dereitos humanos significa ir máis aló de previr casos individuais de discriminación racial e loitar contra a opresión estrutural. Implica traballar cara a un cambio e cara a solucións de carácter sistémico, abordando as causas fundamentais da opresión racial na súa interacción co patriarcado, co colonialismo e coa escravitude, así como coa desigualdade económica.
Ocupan un lugar central neste traballo as voces das persoas obxecto de inxustiza racial e as súas experiencias de violacións de dereitos humanos por mor do racismo sistémico. Ao longo deste curso, coñecerás experiencias e recomendacións de persoas expertas da sociedade civil e explicarémosche os principais conceptos e definicións relacionados coa xustiza racial en dereitos humanos.
Resultados de aprendizaxe:
- Explicar por que o racismo é un motivo de preocupación global que se manifesta de varias formas.
- Identificar por que o racismo sistémico e as súas causas fundamentais son cuestións de dereitos humanos.
- Coñecer accións para combater o racismo sistémico e a discriminación racial, e comparar experiencias de activistas e organizacións en favor da xustiza racial.
Duración: 90 minutos
Formato:interactivo e auto-avaliativo
Certificación: certificado de participación

