Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Da perda á esperanza: talleres pola fin da violencia en Gaza

Debuxo de estilo graffiti sobre un muro no que se mostra un home palestino cos ollos vendados sendo detido por soldados e policías israelís.
Debuxo de estilo graffiti sobre un muro no que se mostra un home palestino cos ollos vendados sendo detido por soldados e policías israelís.

Presentámosvos unha nova guía didáctica para o profesorado sobre a situación actual na Faixa de Gaza, marcada pola ofensiva militar israelí iniciada o 7 de outubro de 2023, que é constitutiva de xenocidio.

A guía inclúe un total de catro talleres divididos por intervalos de idade, aínda que os diferentes talles son adaptables a outros cursos.

Os talleres xiran arredor da historia de dous pais, Bassan (ex-miliciano palestino) e Rami (ex-soldado israelí), e a organización Combatentes pola Paz. Ambos os pais viviron a dor máis profunda ao perderen as súas fillas no conflito a mans do outro bando. A pesar de seren combatentes en bandos opostos, transformaron o seu sufrimento nunha mensaxe de esperanza e reconciliación, converténdose en irmáns na loita pola fin da violencia. A súa historia está explicada nos anexos da guía, nos que, ademais, se resumen os antecedentes históricos do conflito.

A medida que se incrementa a idade, os talleres inclúen definicións do que é o xenocidio e o apartheid israelí contra a poboación palestina, incluíndo materiais educativos de apoio, posts e vídeos informativos. Independentemente da idade, todos os talleres están orientados a reflexións grupais. Na maioría dos talleres, ademais, inclúense propostas de acción.

A través da narración, a reflexión e actividades creativas, os alumnos e alumnas explorarán o poder do diálogo, a empatía e o perdón, descubrindo que, mesmo nos momentos máis difíciles, é posible construír un futuro baseado na esperanza, o respecto, a xustiza e a fin da violencia.

Resultados de aprendizaxe (entre outros):

  • Desenvolver empatía e comprensión. Os alumnos recoñecerán o impacto do conflito nas persoas involucradas e aprenderán a poñerse no lugar do outro.
  • Reflexionar sobre a importancia do diálogo e a reconciliación. Incrementar o aprecio pola cultura do diálogo, o entendemento e a xustiza.
  • Comprender como a comunicación e o entendemento poden transformar a dor nunha oportunidade para construír unha vida libre de violencia.
  • Identificar formas de promover a convivencia sen conflito.
  • Explorar accións concretas que poden aplicar na súa vida cotiá para resolveren conflitos de maneira non violenta, apostando pola empatía, o diálogo e o amor, en lugar do odio e a violencia.
  • Adquirir conciencia sobre a gravidade do que ocorre.
  • Desenvolver espírito crítico.
  • Ter esperanza de que é posible outro mundo, ao que se pode contribuír como cidadáns correntes.
  • Coñecer a importancia de cada persoa na consecución dunha convivencia sen violencia.

Esperamos que atopedes estes materiais interesantes. Se tendes algunha consulta ou comentario sobre eles, non dubidedes en escribir a equipo.educacion@es.amnesty.org ou a agalvez@es.amnesty.org

Seguimos!