A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) é un documento que serve de plan de acción global para a liberdade e a igualdade, protexendo os dereitos de todas as persoas en todos os lugares. Foi a primeira vez que os países acordaron as liberdades e os dereitos que merecen protección universal para que todas as persoas vivan a súa vida en liberdade, igualdade e dignidade. Ofrecémosche unha versión simplificada en formato descargable, que che recomendamos imprimir en cor, en tamaño A4 e por unha soa cara.
Resultados de aprendizaxe:
Coñeceren que é a Declaración Universal de Dereitos Humanos
Aprenderen cales son os seus propios dereitos e os das demais persoas
Recoñeceren que todos os dereitos humanos son universais, inalienables e indivisibles