Action Camp é unha proposta da Rede Educativa de Amnistía Internacional para dar a coñecer os dereitos humanos a participantes de campamentos dunha forma lúdica e divertida. Traballaremos sobre algúns dereitos humanos, como dereitos das mulleres, dereitos en conflitos armados, vivenda, saúde e dereito a un medio ambiente saudable.
Para iso, proporemos un reto onde cada participante terá que superar varias probas para chegar a ser defensor/a universal de dereitos humanos e obter con iso logros e recompensas.
Propómosvos unha Viaxe Espacial con DUDHAI, un divertido personaxe alieníxena que se perdeu no noso planeta e necesita da nosa axuda para atopar o camiño de regreso á casa, percorrendo planetas que xiran arredor da súa estrela “DDHH HUMAN RIGHTS”. A actividade está adaptada para participantes de 9-12 anos (último ciclo de primaria), pero pódense facer versións para outros niveis. Terán que resolver xogos e enigmas para conseguir as insignias e atopar as pistas que os guiarán pola actividade.
Esperamos que os desfrutedes!

