Amnistía Internacional ten documentado ataques contra as persoas que defenden os dereitos humanos na maioría dos países do mundo.
Documental de 25 minutos sobre o traballo de cinco defensores e defensoras de dereitos humanos en distintos lugares do mundo, en diferentes ámbitos: persoas desaparecidas, dereitos sexuais e reprodutivos, minorías sexuais, traballo en VIH/SIDA e dereito á vivenda.