A exposición consta de 26 paneis explicativos que debullan o impacto que o cambio climático ten nos dereitos humanos e as responsabilidades de Estados e axentes privados á hora de mitigalo e facerlle fronte.
Ademais, preséntanse o traballo de Amnistía Internacional sobre xustiza climática e as principais reclamacións aos Estados e ás empresas, así como o traballo por comunidades que teñen sufrido abusos pola súa defensa do territorio.
Resultados de aprendizaxe:
- Identificar a relación existente entre cambio climático e dereitos humanos.
- Entender como esta relación afecta especialmente determinados colectivos.
- Comprender a importancia de ter un papel activo para deter o cambio climático.
Podes descargar a exposición aquí.