Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Kit de actividades: seguranza e dignidade na educación

Fotografía de Unecebo Mboteni © AI
Fotografía de Unecebo Mboteni © AI

Todo neno ou nena ten dereito á educación, tal como establece o dereito internacional e, en concreto, a Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno. Con todo, este dereito implica algo máis que o mero acceso a unha aula. A educación debe estar dispoñible e ser accesible, aceptable e adaptable. Ademais, debe ser segura. Cando as infraestruturas dunha escola non son seguras ou os nenos e nenas corren perigo —por exemplo, por mor da violencia ou da mala hixiene— resulta imposible realizar o seu dereito á educación.

A historia de Unecebo Mboteni, en Suráfrica, é un exemplo tráxico do que ocorre cando os gobernos non cumpren con ese deber. A súa morte puido evitarse e —o que é aínda máis triste— non se tratou dun caso illado. Ocorreu nun país no que as escolas pecan desde hai tempo de infraestruturas inseguras, aulas masificadas e falta de acceso a auga potable e saneamento.

Neste kit de actividades, atoparás unha introdución aos dereitos humanos, ao dereito á educación e a como as escolas inseguras teñen unha relación cos dereitos humanos. Tomando como base a historia de Unecebo, poderás realizar dúas actividades para reflexionar acerca destes contidos.

Resultados de aprendizaxe:

  • Comprender o concepto de dereitos da infancia e protección dos nenos e as nenas na educación.

  • Describir as repercusións dunha violación do dereito á protección na escola sobre outros dereitos.

  • Entender que os gobernos teñen a responsabilidade de garantir a seguridade nas escolas.