A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é o documento máis traducido da historia mundial. Todos os países acordaron que están vinculados polos principios xerais que se expresan nos 30 artigos da Declaración. É unha fonte de inspiración que fai reflexionar, polo que é fundamental darlles a coñecer a nenos, nenas e adolescentes cales son as liberdades e garantías para todas as persoas no mundo. Facilitámosvos un conxunto de actividades que proporcionan unha introdución aos dereitos humanos que lles permitirá aos teus estudantes relacionar os dereitos contidos na Declaración Universal coa súa vida diaria.
Resultados de aprendizaxe
• Coñeceren que é a Declaración Universal dos Dereitos Humanos
• Aprenderen cales son os seus propios dereitos e os das demais persoas
• Recoñeceren que todos os dereitos humanos son universais, inalienables e indivisibles