Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Novos materiais! Guerreiras pola Amazonia: contra os monstros de lume

Portada do cómic “Guerreras por la Amazonía: contra los monstruos de fuego”, con ilustracións a cargo de Ricardo Ishikawa. Na imaxe aparece o...
Portada do cómic “Guerreras por la Amazonía: contra los monstruos de fuego”, con ilustracións a cargo de Ricardo Ishikawa.

Desde Amnistía Internacional presentamos dúas novas propostas para tratar o cambio climático nas aulas, todas elas baseadas na historia das Guerreiras pola Amazonia contra a queima de gas nos chamados “mecheros”.

Por unha parte, unha banda deseñada de tipo manwha que explica a historia e a loita das Guerreiras contra os “mecheros” cun aire fantástico e de aventura. O manwha é un estilo de debuxo manga procedente de Corea do Sur, e as ilustracións correron a cargo de Ricardo Ishikawa.

Por outra parte, un plan de clase no que se presentan varias actividades para levar ás aulas diferentes cuestións: cambio climático, dereito á vida e a un ambiente san, combustibles fósiles, queima de gas no que se coñece como “mecheros” para a extracción de petróleo, as chamadas “zonas de sacrificio”, onde as persoas respiran diariamente gases tóxicos etc.

O plan de clase proporciónalles ás persoas facilitadoras os elementos técnicos necesarios para presentar, nunha linguaxe adecuada para nenos e nenas, información arredor dos seguintes temas:

  • Que é o cambio climático.

  • Os “mecheros” na Amazonia de Ecuador: que é o petróleo, como funciona un pozo petroleiro e como funciona un “mechero”.

  • De que forma os “mecheros” violan os dereitos humanos e da natureza.

  • Lectura do manwha (banda deseñada).

  • Xogo de roles para explorar solucións á contaminación dos “mecheros”.

  • Chamada á acción en solidariedade coas Guerreiras pola Amazonia.

O grande obxectivo é, por tanto, aprender sobre os dereitos humanos e da natureza, que están en grave perigo pola contribución ao quecemento global e a violacións de dereitos humanos da queima de gas en “mecheros”. Por medio da historia das Guerreiras e o seu activismo contra os “mecheros” na Amazonia ecuatoriana, buscarase motivar os e as estudantes a tomaren accións en solidariedade para esixir “quese eliminen os ‘mecheros’ e que se acenda a vida, e que se deteña a expansión da industria dos combustibles fósiles.

Os materiais inclúen tamén propostas de acción para que os e as estudantes se convertan en guerreiras e guerreiros do mundo, así como para asumir compromisos sobre o coidado do medio ambiente. Mesmo se explica, de maneira moi accesible, o que éo litixio estratéxico e como este pode contribuír áloita contra o cambio climático e áprotección de dereitos.

Todo isto baséase na investigación de Amnistía Internacional sobre o incumprimento de Ecuador de eliminar os “mecheros”, unha práctica perniciosa da industria dos combustibles fósiles.

As Guerreiras pola Amazonia están a arriscar a súa vida na súa loita, e, como resposta, a xustiza ecuatoriana decidiu fallarlles.

Podedes compartir os vosos traballos e accións por redes sociais utilizando o cancelo #EliminaLaMecha.

É hora de actuar polas Guerreiras!