Nyto Rukell foi detido en 2016 acusado de “enaltecemento do terrorismo” e condenado en 2017, xunto a outros 11 rapeiros, a dous anos e un día de prisión cada un, nove de inhabilitación e unha multa de 4800 euros. A Sala de Apelación rebaixou posteriormente as penas, polo que non entraron en prisión; non obstante, a sentenza segue afirmando que as súas letras eran enaltecedoras do terrorismo.
Audiovisual de 2 min 46 s que fai visible, a través do testemuño dun caso, que chiar en Twitter ou rapear téñense convertido, nos últimos anos, en actividades de alto risco.