O racismo non sempre é evidente, mais está presente en moitos aspectos da nosa vida cotiá. Preguntácheste como afectan os prexuízos a forma en que vemos os demais? Como reforzan estereotipos os medios de comunicación? Se, efectivamente, es unha persoa racista? Se te consideras antirracista, que fas verdadeiramente no teu día a día para combater os teus propios prexuízos racistas?
Nos nosos talleres participativos exploraremos:
- Que é o racismo e como se manifesta.
- Como inflúen os prexuízos racistas nas nosas decisións e percepcións.
- A representación das persoas racializadas nos medios e o racismo nas redes sociais.
- Estratexias para actuar contra o racismo.
A través de dinámicas interactivas (como un “role-play” no que os e as participantes se porán na pel dun policía), debates e análises de casos reais, reflexionaremos sobre o noso racismo, sobre o noso papel na loita contra el e sobre como construír unha sociedade máis xusta e inclusiva. Todo iso acompañado de vídeos nos que Youssef M. Ouled (activista e xornalista antirracista) e Carlos Idriss Kameni (ex-porteiro do Málaga C. F.) explican as súas propias vivencias.
Para calquera cuestión, consulta, suxestión ou comentario, no dubidedes en escribir a equipo.educación@es.amnesty.org.
Esperamos que encontredes estes talleres interesantes e enriquecedores.
Seguimos!

