Taller que acompaña a exposición ‘Mulleres en loita’, nas súas versións en liña e física. Este material propón diversas actividades que a complementan, e ofrece un espazo de debate sobre os dereitos humanos das mulleres.
Obxectivos:
- Facer visible e analizar a loita polos dereitos humanos de mulleres en todo o mundo.
- Analizar de maneira crítica os roles atribuídos historicamente ás mulleres e aos homes.
- Fomentar a mobilización social en favor dos dereitos humanos.
- Favorecer a resolución de conflitos e a cohesión grupal.

![[Translate to Galego:] Manifestación de mujeres a favor del aborto en Polonia](/fileadmin/user_upload/272024_Women_s_Strike__Warsaw__24_July_2020.jpg)