O humor non só nos fai rir: tamén nos fai pensar e analizar con ollada crítica. En colaboración coa Asociación Frente Viñetista, deseñamos unha exposición na que diferentes autores, cada un cos seus propios estilo e visión, exploran diferentes dereitos humanos a través da mirada crítica e enxeñosa do humor gráfico.
Mais non só iso; tamén explicamos por que determinadas situacións son contextos de vulneracións de dereitos humanos.
Dereitos das mulleres, crise climática, conflitos armados, liberdade de expresión; dereito á educación, á vivenda, á saúde; racismo e xenofobia, dereitos das persoas migrantes e refuxiadas, dereitos LGTBIQ+... Cada viñeta é iso: unha xanela á realidade, unha denuncia e unha invitación á reflexión. As ilustracións móstrannos como a arte pode ser unha ferramenta poderosa para o cambio social e a defensa dos dereitos humanos.
Podedes atopar a exposición, traducida a diferentes linguas, e con marcas de corte para que a poidades imprimir e expor (o tamaño para o que foi pensada é A1), na seguinte ligazón.
Esperamos que a desfrutedes!

