Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Profesora y alumnas con mascarilla
Blog

A pandemia fortalece a defensa da educación pública

Por Amnistía Internacional Galicia,

Non debemos falar de gasto en educación pública. No seu lugar, debemos falar de inversión. E se fallamos en invertir cando máis se precisa, deberemos enfrentarnos ás consecuencias no futuro.

O pasado domingo 24 de xaneiro foi o día mundial da Educación, máis desgraciadamente este ano a ensianza foi unha das cuestión máis descoidadas por mor da pandemia. Durante a cuarentena inicial, España foi un dos países da OCDE que máis tempo mantuvo pechadas as súas aulas, con 16 semanas de media fronte a 14. En total, España rexistra 31,5 días de escolaridade perdidos de media fronte aos 17,4 de Lituania.

Por suposto, esta foi unha situación forzada e ningún país quería pechar as portas dos seus colexios, mais esto é necesario para a saúde pública. A diferencia radica nos efectos que a pandemia ten na educación española e o seu papel no aumento das desigualdades, potenciadas por unha educación pública cada vez máis precaria e desatendida.

España gastou en 2020 un 3,7% do seu PIB segundo datos do Ministerio de Facenda. Esto e consecuencia dunha baixada progresiva dende o ano 2010 no que este se situaba no 4,6% do PIB. Como imos garantizar o acceso a unha educación pública de calidade, se cada ano o porcentaxe de inversión nela é menor?

A dixitalización é unha tarefa pendente de España que é especialmente necesaria para a existencia dunha correcta educación en época de pandemia. O Informe PISA de 2018 sitúa ao estado nos seus últimos postos neste tema entre os 42 países asociados. Só o 11,5% dos profesores son incentivados para integrar dispositivos dixitais na ensinaza, ocupando España o último posto e moi lonxe dos porcentaxes de Eslovenia ou Islandia cun 90%. Estos deberes sen facer móstranse máis que nunca nun período no que os alumnos tiveron que acceder ás aulas de maneira remota, incluídos todos aqueles que non poden acceder a Internet nos seus fogares. Non garantizar o seu acceso á rede nestes tempos é por tanto, fallar no compromiso de asegurar unha educación gratuita e obligatoria.

Non debemos falar de gasto en educación pública. No seu lugar, debemos falar de inversión. E se fallamos en invertir cando máis se precisa, deberemos enfrentarnos ás consecuencias no futuro.