Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons

Formacións en liña

Nesta sección pomos á túa disposición unha serie de formacións en liña sobre cuestións de dereitos humanos que poden serche útiles. Na descrición de cada unha podes consultar a duración e a temática xeral. Algunhas delas pertencen a plataformas de AI externas a esta web e pediranche un rexistro para poder cursalas.

Microcurso en liña sobre acoso escolar

Curso de 45 minutos de duración que fai visible a situación do acoso escolar en España e as vulneracións que sofren as persoas que o viven, as medidas existentes para combatelo e datos específicos da última investigación realizada na temática.

Promove a toma de conciencia sobre como o acoso escolar é un problema de dereitos humanos e o coñecemento das medidas que propón Amnistía Internacional para abordar esta problemática.

Microcurso en liña sobre diversidade sexual e de xénero

Curso de 1 hora de duración sobre conceptos básicos en torno á diversidade e as violacións de dereitos humanos que sofren as persoas lesbianas, gais, bisexuais, transxénero e intersexuais (LGBTI) en todo o mundo.

Promove a comprensión das vulneracións de dereitos que viven as persoas LGBTI, así como os cambios que se viñeron producindo na defensa e garantía dos seus dereitos.

Guía breve sobre Escribe polos Dereitos

Curso breve de 15 minutos de duración que capacita e motiva a participar na campaña de Amnistía Internacional Escribe polos Dereitos Humanos, que se realiza anualmente a fin de lograr cambios na vida de defensores e defensoras dos dereitos humanos.

Promove a acción para o cambio escribindo cartas de solidariedade a persoas tratadas inxustamente por tentaren facer valer os dereitos humanos e aos Estados para que garantan os dereitos destas.

Introdución aos dereitos humanos

Curso de 1 hora e 30 minutos de duración que fomenta a toma de conciencia sobre como os dereitos humanos se relacionan coa propia vida, e capacita para actuar en favor destes.

Promove a adquisición de seguridade e confianza á hora de poder explicar o que son os dereitos humanos, facilitando a adquisición de coñecementos e habilidades relacionados coa defensa e promoción dos dereitos humanos.

Dereitos humanos: unha ferramenta para o cambio

Curso de 15 horas de duración que permite ter unha idea máis clara do sistema de dereitos humanos, e capacita no entendemento destes como unha ferramenta que promove o cambio.

Promove a identificación e a análise daqueles dereitos que máis nos afectan, analizando os problemas e o contorno propio, favorecendo o entendemento sobre cuestións máis complexas relacionadas cos dereitos humanos, evitando as respostas e posturas do tipo “branco ou negro”.

Guía breve sobre os defensores e defensoras de dereitos humanos

Curso breve de 20 minutos de duración que ofrece nocións básicas de quen son os defensores de dereitos humanos e cal é o seu labor, a través de tres casos reais de persoas que loitan por facelos valer e sofren ameazas ou vulneracións sobre os seus propios dereitos.

Promove claves sobre como contarlles a outras persoas a importancia de defender os dereitos humanos e como te converteres no seu defensor ou defensora. 

Unha introdución aos defensores de dereitos humanos

Curso de 15 horas de duración que promove a adquisición de coñecementos relacionados cos defensores e defensoras de dereitos humanos, o traballo que desempeñan e as ameazas continuadas a que se enfrontan.

Promove o fortalecemento de argumentos en favor da defensa dos dereitos humanos, avaliando os contextos particulares e as ameazas de defensores e defensoras de dereitos humanos, así como a identificación de formas para usar a propia voz a favor destes dereitos.

Os dereitos sobre as terras dos pobos indíxenas

Curso breve de 20 minutos de duración que fai visibles as ameazas que sofren as persoas que pertencen a pobos indíxenas e a importancia de protexer os seus dereitos humanos.

Promove o coñecemento sobre os dereitos dos pobos indíxenas, como o dereito ao consentimento libre, previo e informado, e as pautas para actuar en favor destes dereitos.

O dereito a non sufrir tortura

Curso breve de 20 minutos de duración que facilita nocións básicas sobre o que son a tortura e os malos tratos e a importancia do recoñecemento do status excepcional destes dentro do dereito internacional.

Promove a toma de conciencia sobre a situación actual da tortura e os malos tratos en todo o mundo e a importancia de tomar acción para pórlles fin.

Adoptar unha postura contraria á pena de morte

Curso breve de 20 minutos de duración que permite entender a pena de morte como unha violación de dereitos humanos e a importancia de contrarrestar mensaxes erróneas en torno a ela.

Promove a adquisición de coñecementos para rebater argumentos contrarios á erradicación da pena de morte e habilidades para actuar fronte a ela.

Alzar a voz pola liberdade de expresión

Curso breve de 20 minutos de duración que favorece o coñecemento sobre o dereito á liberdade de expresión e as principais ameazas a que se enfrontan as persoas que o exercen.

Promove coñecementos en torno ao que é a liberdade de expresión e como actuar para defender e promover este dereito humano.