Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to gal:] Una mujer y niñas están paradas al borde de una carretera en el condado de Ganluo, provincia de Sichuan, suroeste de China, el...

[Translate to gal:] © Foto AP/Andy Wong. Los esfuerzos contra la pobreza en las montañas del oeste de China incluyen enseñar a los niños y niñas de la minoría étnica Yi a hablar mandarín. En la imagen se ve a una mujer y varios menores parados al borde de una carretera en el condado de Ganluo, provincia de Sichuan, suroeste de China, el miércoles 9 de septiembre de 2020.

Blog

A pobreza ten xénero

Por Vega Alonso del Val (@VegaAlonsoV), colaboradora de Amnistía Internacional,

Mulleres e nenas están máis expostas a sufrir pobreza económica en todo o mundo. Non existe ningún país en que se dea unha igualdade económica entre homes e mulleres. A pobreza aumenta a brecha de xénero, e esta xera á súa vez pobreza. Brecha de xénero e pobreza son dúas desigualdades interconectadas que vulneran os dereitos das mulleres.

Faiqqa Homsi sostiene a su hija Maya, a quien le diagnosticaron cáncer, en el balcón de su apartamento en el barrio pobre de Mulawiya en la ciudad norteña de Trípoli, Líbano. Una crisis económica sin precedentes y las restricciones por la COVID-19 están llevando a las personas más vulnerables al límite.

Faiqqa Homsi sostén a súa filla Maya, a quen diagnosticaron cancro, no balcón do seu apartamento no barrio pobre de Mulawiya, na cidade setentrional de Trípoli, no Líbano. Unha crise económica sen precedentes e mais as restricións ocasionadas pola COVID-19 están a levar as persoas máis vulnerables ao límite das súas posibilidades. © Foto AP / Hassan Ammar

Que é a feminización da pobreza?

Este concepto foi acuñado nos anos setenta para mostrar unha realidade: a pobreza económica aféctalles máis ás mulleres que aos homes. Segundo as Nacións Unidas, o 70% das persoas pobres no mundo son mulleres. Ademais, unha de cada cinco nenas no mundo vive en condicións de extrema pobreza. É dicir, nun fogar que sobrevive con menos de 1,90 dólares ao día.

“Aínda que as mulleres realizan o 66% do traballo no mundo e producen o 50% dos alimentos, só reciben o 10% dos ingresos e posúen o 1% da propiedade”.

Mulleres e nenas son máis vulnerables a calquera forma de violencia, e a pobreza económica é unha violencia máis para este colectivo. A feminización da pobreza vulnera os seus dereitos e ademais frea o desenvolvemento social e o crecemento económico mundial.

Falamos dunha brecha de xénero que pon de relevo a forma en que están conectadas as distintas opresións que sofren mulleres e nenas. A pobreza frea a súa independencia económica e o acceso aos recursos ou a dereitos como a educación e a saúde. Ademais, xera menos protección ante a violencia e suma máis dificultades para tomar decisións ou participar de forma activa na vida política.

Varias niñas beben zumo de quinoa y comen pan en la parte trasera de una mototaxi en el distrito de Villa María del Triunfo de Lima, Perú, el miércoles 17 de junio de 2020. La comida fue donada por una familia adinerada y distribuida a un área de pobreza la capital en medio de la nueva pandemia de coronavirus

Varias nenas beben zume de quinoa e comen pan na parte traseira dunha mototaxi no distrito de Villa María del Triunfo de Lima, no Perú, o mércores 17 de xuño de 2020. A comida foi doada por unha familia adiñeirada e distribuída a unha área de pobreza da capital en medio da nova pandemia de coronavirus. © Foto AP / Rodrigo Abd

Por que a pobreza afecta máis as mulleres?

A discriminación contra as mulleres e nenas é causa e ao mesmo tempo consecuencia da desigualdade que xera a pobreza económica. É dicir, a pobreza aumenta a brecha de xénero, e a desigualdade de xénero provoca pobreza. Un círculo que é necesario rachar.

En todo o mundo, o sistema patriarcal e a perpetuación dos roles de xénero fomentan desigualdades sociais, culturais e económicas que xeran pobreza. A desigualdade laboral é un dos principais factores que potencian a feminización da pobreza, con salarios máis baixos, traballos non remunerados e maior tempo dedicado aos coidados. Un traballo que poucas veces é recoñecido e valorado.

“No ámbito mundial, a brecha salarial entre homes e mulleres é do 24%.

Natividad Benítez levanta a su hijo Lionel Domínguez de la cama en su casa, durante un cierre ordenado por el gobierno para frenar la propagación del nuevo coronavirus, en el barrio de chabolas Villa 1-11-14 de Buenos Aires, Argentina, el 2 de junio de 2020.

Natividad Benítez levanta da cama o seu fillo Lionel Domínguez na súa casa durante un peche ordenado polo goberno para frear a propagación do coronavirus no barrio de chabolas Villa 1-11-14 de Buenos Aires, na Arxentina, o 2 de xuño de 2020. © Foto AP / Natacha Pisarenko

“As mulleres asumen entre dúas e dez veces máis traballo de coidados non remunerados que os homes”.

Ademais, o acceso das mulleres á propiedade, a vivenda ou as finanzas segue a ser moi difícil en moitas zonas do planeta. Nalgúns países, as mulleres teñen que pedir permiso ao seu pai, irmán ou marido para abrir unha conta corrente. Noutros, as lexislacións poden restrinxir a súa capacidade para herdar terras ou pedir empréstitos.

Esta falta de acceso igualitario ás finanzas é unha barreira para saír da pobreza en que están moitas mulleres, e impide que teñan plena autonomía para tomaren decisións sobre as súas propias vidas.

Por outra banda, a falta de acceso á educación tamén xera pobreza, e esta, ao mesmo tempo, aumenta a probabilidade de non accederen a unha educación. De novo, o círculo da pobreza e a brecha de xénero.

“15 millóns de nenas non asisten á escola primaria, fronte a 10 millóns de nenos. Na adolescencia, moitas nenas teñen que abandonar a escola secundaria debido a embarazos precoces e ao traballo doméstico”.

As crises económicas poñen de relevo as desigualdades que sofren as mulleres, e intensifican aínda máis as situacións de pobreza neste colectivo. A actual crise derivada da COVID-19 xa o está a facer.

A pandemia está a xerar máis precariedade, máis sobrecarga do traballo dos coidados e, por tanto, máis dificultades para teletraballar ou manter as súas oportunidades de emprego, máis carga mental á hora de conciliar,máis invisibilidade das mulleres que traballan na economía somerxida –como as empregadas do fogar–, máis dificultades para as familias monoparentais e máis violencia. Só en Europa, os servizos de emerxencia rexistraron un aumento de ata un 60% nas chamadas de mulleres vítimas de violencia doméstica durante os períodos de confinamento provocados polo coronavirus.

No ámbito mundial, esta pandemia alargará a brecha de pobreza entre mulleres e homes. A ONU calcula que uns 47 millóns máis de mulleres e nenas caerán por baixo da liña de pobreza, co que se reverterán así décadas de progreso para erradicar a pobreza extrema.

“Esperábase que a taxa de pobreza entre as mulleres diminuíse o 2,7% entre 2019 e 2021. Porén, as proxeccións agora prevén un aumento do 9,1%, debido á pandemia e as súas consecuencias”.

E outro aspecto relevante: coa crise, as mulleres teñen máis probabilidades de perder o seu traballo. En España, o Instituto da Muller sinala que os sectores máis feminizados –como turismo, comercio ou hostalaría– son os máis afectados pola pandemia e aqueles en que a recuperación da actividade será máis lenta.

Una mujer refugiada siria sostiene un cartel mientras protesta frente a la sede de la agencia de las Naciones Unidas para los refugiados, ACNUR, exigiendo ser trasladada fuera del Líbano, que está atravesando su peor crisis económica en la historia con el consiguiente aumento del desempleo y de los niveles de pobreza, 24 de septiembre de 2020.

Unha muller refuxiada siria sostén un cartel mentres protesta fronte á sede da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados, ACNUR, esixindo ser trasladada fóra do Líbano, país que está a atravesar a súa peor crise económica, co conseguinte aumento do desemprego e dos niveis de pobreza, 24 de setembro de 2020. © Foto AP / Hussein Malla

Podemos acabar coa feminización da pobreza?

Si, pódese e débese. Un obxectivo que debe involucrar a gobernos, empresas, cidadanía e organizacións. Diciamos anteriormente que a feminización da pobreza é unha brecha de xénero máis e que todas as desigualdades están conectadas entre si. Por iso, se acabamos coa desigualdade de xénero podemos rachar o círculo da pobreza que sofren as mulleres, e viceversa.

Unha aposta real pola igualdade, xunto con cambios estruturais e sociais, pode ir abrindo o camiño. Esta igualdade de xénero pasaría por que mulleres e homes tivesen o mesmo acceso a un emprego, a mesma retribución polo mesmo traballo e un reparto das tarefas do fogar, e por recoñecer e valorar os coidados non remunerados e o traballo doméstico. Esta igualdade pasaría por garantir o mesmo acceso en todo o mundo a unha propiedade, a un empréstito e a unha educación e saúde de calidade.

O apoderamento das mulleres e nenas tamén é clave para teren autonomía económica. É importante que dispoñan das ferramentas necesarias para coñeceren os seus dereitos e poderen expresarse.

Lembramos que máis da metade da poboación en todo o mundo son mulleres. Erradicar a pobreza económica que sofren é fundamental, porque sen igualdade non hai desenvolvemento posible.