Defender os dereitos humanos implica defender o bó funcionamento da sanidade pública. E especialmente, implica amparala fronte aos intentos de vendela e deixala no ámbito privado.
O desmantelamento da sanidade pública galega xa ocupou portadas o ano pasado, cando o 1 de decembro do 2019 pechouse o paritorio de Verín. Esta vez falamos de que Acciona, empresa española dedicada á xestión de infraestructuras, vendeu a súa participación do 43% no Hospital Cunqueiro de Vigo ao fondo francés Meridiam. Esta venda súmase á de hai un ano e medio ao fondo luxemburgués River Rock. Só un 23% da concesionaria está en mans dunha empresa con sede en Galicia.
Así, diferentes fondos de investimento de Centroeuropa controlarán a concesión do hospital, e a Xunta terá que pagarlles 963 millóns ata 2035. Máis estos non son os únicos pagamentos que o goberno galego terá que facer á concesionaria do hospital debido a súa colaboración público-privada. Ata 2040, quedan por pagar por eses contratos un total de 2.333 millóns de euros.
Dende o inicio na crise no ano 2008, a austeridade imprementou recortes sanitarios en Galicia. Entre o ano 2009 e o 2018, a inversión sanitaria pública baixou nun 13%, por habitante, baixou nun 10% e a inversión en atención primaria observou un decrecemento dun 15%. Mentres que os hospitales públicos da comunidade continúan ser maltratados, os privados medran. No ano 2017, ingresaron 325 millóns de euros, é decir, 2,6% máis que o ano anterior.
A Plataforma Electrónica Vortal Connecting Business, empresa de licitación e contratación electrónica, xestiona a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica. Tamén en mans de multinacionais están os recursos precisos para planificar e xestionar o sistema. Voltando ao Hospital Álvaro Cunqueiro, este non está exento de anteriores polémicas. En 2015 foron recortadas 400 camas para renovar o Concerto Singular con Povisa, o hospital privado máis grande de España situado en Vigo, que o ano pasado foi comprado polo xigante norteamericano Centene Corporation.
Defender os dereitos humanos implica defender o bo funcionamento da sanidade pública. E especialmente, implica amparala fronte aos intentos de vendela e deixala no ámbito privado, pois é a única maneira de que todos podamos acceder aos coidados sanitarios que precisamos.