A emerxencia climática é unha crise de dereitos humanos sen precedentes e un dos maiores desafíos para os 8000 millóns de persoas que habitamos hoxe o planeta e os millóns que virán.
O cambio climático non é só un problema ambiental, senón que ten efectos na economía, na saúde, na seguranza, na xustiza social e, en definitiva, nos dereitos humanos. A crise climática é un problema global que non só nos concirne a nós no presente, senón tamén as xeracións futuras. É importante tomar conciencia e actuar de maneira responsable para minimizar os seus efectos e lograr que se tomen medidas xa, a prol dun futuro sustentable.
Por iso, animámosvos a traballar sobre este tema, especialmente entre o 22 de abril (Día da Terra) e o 5 de xuño (Día do Medio Ambiente). Ofrecémosvos distintos recursos educativos sobre xustiza climática e propómosvos actuar de forma urxente por Leonela Moncayo, activista climática de 14 anos intimidada na súa casa en Ecuador. Tamén podedes pór en marcha outras accións a medio e longo prazo, tanto no ámbito individual como no do centro educativo.
Tendes a presentación interactiva con todos os detalles aquí.