Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Ilustración dos tres casos que aparecen na aplicación © AIIlustración dos tres casos que aparecen na aplicación © AI

Ilustración dos tres casos que aparecen na aplicación © AI

Blog

Amnistía presenta unha aplicación de videoxogos para facilitar a aprendizaxe sobre dereitos humanos

Amnistía Internacional presentou recentemente Rights Arcade, unha aplicación de videoxogos que ten por obxecto concienciar a próxima xeración de defensores e defensoras dos dereitos humanos sobre a liberdade de expresión e a liberdade de reunión pacífica, entre outros dereitos.

Rights Arcade está concibida para fortalecer o movemento de dereitos humanos mediante a educación orientada á acción. Este xogo mellorará o coñecemento dos xogadores e xogadoras sobre os dereitos humanos e animará a xente a actuar en cuestións relativas a eses dereitos.

Unha das principais características de Rights Arcade é o emprego dun enfoque flexible, que lles permite aos xogadores e xogadoras aprender, reflexionar e actuar ao seu propio ritmo mentres se afonda nas historias do xogo.

“Este xogo foi concibido co fin de que todas as persoas, especialmente as máis novas, poidan adquirir coñecementos sobre os dereitos humanos dun xeito interesante, e que se animen a facelo”, manifestou Agnès Callamard, secretaria xeral de Amnistía Internacional.

“As persoas novas son fundamentais para fixar a axenda de dereitos humanos, a actual e a do futuro. Chegar a elas nos espazos que ocupan, ou naqueles cos que se relacionan habitualmente, é clave para que as novas xeracións de activistas poidan loitar polos dereitos humanos e protexelos, e estean capacitadas para facelo, agora e no futuro.”

Os xogadores e xogadoras emprenden unha viaxe aos dereitos humanos a través das vivencias de tres persoas reais: Ahmed Kabir Kishore, un caricaturista acusado inxustamente segundo a Lei de seguranza dixital en Bangladesh; Zhang Zhan, unha periodista cidadá condenada a catro anos de cárcere por informar sobre a COVID-19 na China, e Panusaya Sithijirawattanakul, unha activista estudantil que se enfronta a máis 25 cargos por protestar en Tailandia.

As historias do xogo, que son vivencias ficticias inspiradas en feitos reais, seguen as decisións que toma a persoa que xoga.

O xogador ou xogadora asume o papel, e guía as vivencias dos tres protagonistas, tomando decisións en función do seu propio coñecemento dos dereitos humanos e analizando en detalle a aplicación dos conceptos de dereitos humanos na vida cotiá.

Poderá accederse en todo o mundo a unha colección de tres xogos, que actualmente está dispoñible en inglés, chinés simplificado, tailandés e coreano.

Rights Arcade pode descargarse en dispositivos iOS e Android, e garante a súa accesibilidade en lugares con conexión deficiente a Internet.

Rights Arcade actualizarase de forma periódica, para facilitar a aprendizaxe en máis idiomas e con novos xogos que se irán ofrecendo nos meses vindeiros e ao longo dos próximos anos.

Pode accederse aquí á ligazón para iOSeá ligazón para Android.