Primeiro plano dun paraugas que ten as cores do arco iris. © Pexels/Sharon McCutcheon

Primeiro plano dun paraugas que ten as cores do arco iris. © Pexels/Sharon McCutcheon

Blog

Axúdanos a combater a homofobia, a bifobia e a transfobia na túa aula!

Carlos Sanguino, responsable de educación de AI España,

O 17 de maio celébrase o Día Internacional contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia en todo o mundo. Esta data fai visible o feito de que as persoas LGBTI seguen a sufrir violencia e discriminación en moitos países do mundo. En 70 países, as relacións homosexuais seguen a estar penadas por lei, e en once delas poden significar pena de morte.

Propómosche dous talleres (un para educación primaria e outro para secundaria) que inclúen información básica sobre algúns conceptos clave e sobre os discursos de odio; con eles, poderás traballar cos teus estudantes sobre a realidade da diversidade afectivo-sexual e as familias diversas.

Accede ao taller aquí.