Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Axenda ©Pixabay StockSnap

Axenda ©Pixabay StockSnap

Blog

Calendario curso 2025-2026

Sonia Gregorio, responsable de educación de AI España,

O curso académico está a terminar e agradecémosvos todo o voso traballo co alumnado nas accións de Amnistía Internacional e a vosa implicación na defensa dos dereitos humanos.

No próximo curso 2025-26 proporémosvos actividades sobre os seguintes temas, para que o teñades en conta na planificación docente. Podedes descargar o calendario en pdf en “Para máis información” (no lado dereito).

Ademais, haberá accións e recursos educativos sobre outros temas de dereitos humanos que iremos publicando e sobre os que informaremos a través do boletín que enviamos periodicamente. Desexámosvos un bo verán!

Pola influencia global do país, a Administración Trump xera ameazas para os dereitos humanos en todo o mundo. Temos unha proposta de accións polo caso do estudante e activista palestino Mahmoud Khalil (detido en EEUU), que podedes realizar xa e ata finais de setembro.

O curso 2024-25 lanzamos unha proposta didáctica con diferentes talleres para diferentes idades: “Da perda á esperanza: talleres pola fin da violencia en Gaza”. Este ano, con motivo do aniversario do xenocidio, enviaremos tamén novas accións

Na web de Rede Educativa tedes dispoñible a guía didáctica “Pena de morte vs. Dereito á vida”, que vos animamos a traballar de novo no curso 2025-26

“Son, es, somos e temos dereitos” é o lema que a Plataforma de Organizacións de Infancia escolleu para celebrar o Día Mundial da Infancia. Unirémonos a esta campaña, na que haberá materiais educativos e propostas de accións.

Ofrecerémosvos unha exposición nova, co título “Só si é si”, e talleres sobre violencia sexual para traballar na aula e ideas de actividades para realizar en todo o centro educativo.

O curso 2024-25 propuxemos por primeira vez participar no Día Internacional de Cidades pola Vida. A iniciativa “Colexios pola Vida” funcionou moi ben e queremos volver repetila este ano, para conseguir que un maior número de centros se unan.

Participaremos un ano máis no maratón de envío de cartas “Escribe polos teus dereitos”, no que nos uniremos á mobilización mundial de millares de persoas ao mesmo tempo para que se respecten os dereitos humanos en diferentes países.

Xaneiro 2026

31-X: Día Escolar da Paz e a Non-Violencia

Integraremos nesta acción nosa tradicional proposta de “Regala as túas palabras”, na que estudantes e profesorado poderán facer chegar palabras de alento e solidariedade a persoas presas de conciencia en todo o mundo.

Con respecto ao 8 de marzo, realizaremos propostas para traballar os dereitos humanos da muller e participar na mobilización que Amnistía Internacional e outros colectivos farán en toda España.


Asistimos a un aumento de discursos que contribúen a alimentar a hostilidade contra certos individuos ou grupos. Proporemos realizar actividades para falar diso e combater o racismo, a xenofobia e a intolerancia nos centros educativos.

A saúde mental é un dereito humano que forma parte do dereito de todas as persoas a unha saúde integral, e a de nenos, nenas, mozos e mozas está a ser seriamente ameazada. Presentaremos a “Guía de ciberseguridade” e o taller sobre redes sociais, con información e talleres dirixidos a adolescentes.

Os dereitos humanos están estreitamente relacionados co cambio climático. Como nesas datas estará preto o final de curso, propomos, a partir de maio, actividades de sensibilización para realizar en todo o centro educativo ou en pequenos grupos.

Coñecer o pasado é necesario para sandar as feridas, ofrecerlles xustiza ás vítimas e reconstruír unha sociedade democrática sobre unhas bases sólidas. Ofrecémosvos varias propostas didácticas sobre memoria democrática en España completamente novas.

Todo o curso académico 2025-2026

Para dar a coñecer a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, tendes á vosa disposición a   exposición sobre derechos humanos en viñetas en colaboración con Frente Viñetista.

Ademais, renovamos a colaboración con Frente Viñetista. Non perdas a oportunidade de organizar talleres prácticos coa participación de humoristas gráficos de renome para traballar de forma práctica e activa que son os dereitos humanos.