Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
[Translate to gal:] Un niño migrante es desembarcado del barco de rescate de la ONG española Proactiva Open Arms en el puerto de Crinavis en...

[Translate to gal:] © AP Photo / Olmo Calvo. Un niño migrante es desembarcado del barco de rescate de la ONG española Proactiva Open Arms en el puerto de Crinavis en Algeciras.

Blog

Cinco preocupacións de dereitos humanos en España para o Día do Migrante

Por el Equipo de Migración y Refugio de Amnistía Internacional España,

No Día Internacional das Persoas Migrantes, 18 de decembro, Amnistía Internacional sinala cinco grandes cuestións de dereitos humanos, con moitas sombras e algunhas luces, que se identifican neste 2020.

O peche de fronteiras durante a pandemia, o amoreamento no Centro de Estadía Temporal de Inmigrantes (CETI) de Melilla, o aumento de chegadas a Canarias en caiucos, sen que houbese un mecanismo de emerxencia preparado para este incremento, as sentenzas sobre as expulsións a través da fronteira sur daquelas persoas que saltan o valado en Ceuta e Melilla… Neste tráxico 2020, sucederon moitas cousas en que as persoas migrantes e refuxiadas eran as “protagonistas”, aínda que fose cun protagonismo que nin elas mesmas desexaban.

Personas refugiadas y migrantes se calientan junto al fuego mientras intentan entrar en Grecia desde Turquía, 1 de marzo de 2020 en Edirne, Turquía

Persoas refuxiadas e migrantes, entre elas varios menores, quéntanse xunto ao lume mentres tentan entrar en Grecia desde Turquía. 1 de marzo de 2020 en Edirne, Turquía. © Burak Kara / Getty Images

Peche de fronteiras e suspensión do dereito ao migrar

Por primeira vez na historia recente, os Estados europeos pecharon as fronteiras, en marzo de 2020, con motivo da declaración do estado de alarma para loitar contra a COVID-19. Hoxe, 18 de decembro, apenas se permite a chegada de nacionais duns poucos Estados fóra da UE, sen que se previse medida ningunha que permita a chegada de persoas estranxeiras necesitadas de protección por outra vía.

A loita contra a COVID-19 ten servido como xustificación para que os gobernos ignoren os tratados internacionais en materia de dereitos humanos, cuxa aplicación semella que quedou en suspenso durante todo o ano 2020. O dereito a buscar refuxio nun terceiro Estado quedou aparentemente suspendido na práctica, sen que os gobernos propuxesen alternativas humanitarias.

A ausencia de vías legais e seguras, o férreo control das fronteiras exteriores europeas e a deterioración económica das súas comunidades de orixe, agravada pola pandemia, poden ser as causas principais que obrigaron a moitas persoas a tomaren rutas máis longas e perigosas de acceso a Europa, como foi a de Canarias.

Migrantes africanos tras llegar a la costa de la isla de Gran Canaria, el domingo 1 de noviembre de 2020

Migrantes africanos tras chegaren á costa da illa de Gran Canaria, o domingo 1 de novembro de 2020. © Foto AP / Javier Baulu

 

Do CETI de Melilla ao peirao de Arguineguín en Canarias

No que respecta a España, é un motivo de gran preocupación a actual crise que se está a vivir nas Illas Canarias, onde se incrementaron de xeito considerable as chegadas de persoas migrantes nos últimos meses, a pesar do perigoso da ruta, que levou consigo moitas vidas durante 2020, máis de 500 no que vai de ano, esencialmente entre outubro e novembro.

Malia que xa desde principios de ano se comezaron a incrementar as chegadas por esta vía, a xestión das autoridades ten estado rodeada de improvisación, mesmo desatendendo as necesidades máis básicas das persoas migrantes, entre as que se encontraban posibles refuxiadas.

Máis unha vez, a resposta institucional foi a implantación da política de dificultar os traslados á península como forma de disuasión. E, como consecuencia, permitiron de novo que se creen campamentos para acoller persoas migrantes e refuxiadas que non respectan as condicións de dignidade e seguridade das que alí se ven obrigadas a vivir. As imaxes do peirao de Arguineguin son só unha mostra da falta dunha verdadeira política en materia migratoria.

Tamén en Melilla, Amnistía Internacional denunciou que desde antes do inicio da pandemia xa se estaban a incumprir os estándares internacionais sobre as condicións de acollida das persoas migrantes e solicitantes de protección internacional.

O constante estado de amoreamento do Centro de Estadía Temporal de Inmigrantes (CETI) de Melilla, ou o uso de instalacións non aptas para acoller persoas que se crearon durante a pandemia, como a praza de touros da cidade, nunhas condicións deplorables, fala de espazos onde os protocolos sanitarios foron de deficiente aplicación.

Amnistía Internacional lanzou unha campaña solicitando o traslado urxente das persoas en situación de maior vulnerabilidade a centros adecuados noutras zonas do país e unha acollida e condicións sanitarias dignas para todas elas.

 Personas refugiadas y migrantes son rescatadas por miembros de la ONG española Proactiva Open Arms tras partir de Libia tratando de llegar a suelo europeo a bordo de un bote abarrotado, 11 de noviembre de 2020.

Persoas refuxiadas e migrantes son rescatadas por membros da ONG española Proactiva Open Arms tras partir de Libia tratando de chegar a chan europeo a bordo dun bote abarrotado, 11 de novembro de 2020. © Foto AP / Sergi Camara

Criminalización da solidariedade de quen axuda a persoas migrantes

Fronte a unha política migratoria que poña en primeiro termo a defensa da vida, tanto os gobernos europeos como as institucións europeas seguiron a criminalizar persoas ou organizacións que trataban de lles prestar axuda ás persoas migrantes.

Así o denunciou Amnistía Internacional nun informe publicado en marzo de 2020, onde sinala como despregaron unha serie de medidas restritivas, sancionadoras e punitivas contra persoas e grupos que defenden os dereitos da poboación en movemento, con medidas como utilizar normas de inmigración e loita contra o terrorismo para restrinxir indebidamente o dereito a defender os dereitos humanos.

En toda Europa está procesándose e perseguíndose xente por actos de solidariedade con persoas refuxiadas, solicitantes de asilo e migrantes, como proporcionar roupa de abrigo, ofrecer refuxio e salvar vidas no mar cando os propios Estados non o estaban a facer. Ao castigar os que se ofrecen a paliar as carencias existentes, os gobernos europeos fan que as persoas en movemento corran maior perigo aínda.

No caso das autoridades españolas, a ameaza de multas de ata 901.000 euros ao barco humanitario Open Arms despois de poñer rumbo de novo ao Mediterráneo central desde Nápoles en xuño de 2019 foi un exemplo desta práctica.

Protesta exigiendo la reubicación de las personas refugiadas que quedaron sin hogar tras el incendio que destruyó el campamento de Moria en la isla griega de Lesbos, 17 de septiembre de 2020

Protesta para esixir o reasentamento das persoas refuxiadas que quedaron sen fogar tras o incendio que destruíu o campamento de Moria, na illa grega de Lesbos, 17 de setembro de 2020. © AP / Francisco Seco

Un ano de sentenzas importantes para os dereitos das persoas migrantes e refuxiadas

Nunha primeira sentenza, a Gran Sala do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos considera que o Estado español non transgrediu o Convenio Europeo de Dereitos Humanos ao retornar inmediatamente a Marrocos a N. D. e N. T., dúas persoas subsaharianas que tentaron acceder a Melilla a través do valado, xa que –de acordo coa súa argumentación– a ausencia de procedemento administrativo de retorno e demais garantías procedementais non se consideran incumprimentos reivindicables ante unha entrada irregular, baseándose nunha falsa premisa de posibilidade de acceso por vía legal e segura dos demandantes. Tanto polos termos en que está expresada como polo precedente que xera, esta sentenza supón un golpe para os dereitos das persoas refuxiadas e migrantes.

Máis recentemente, o Tribunal Constitucional español pronunciouse sobre a constitucionalidade da Lei de Seguridade Cidadá, que modificaba a Lei de Estranxeiría introducindo a nova figura reguladora dos “rexeitamentos en fronteira”, aplicable só a Ceuta e Melilla.
Este aparente “amparo” xudicial non pode facernos esquecer que as devolucións sumarias son prácticas que vulneran dereitos humanos, xa que a aplicación práctica de garantías de dereito internacional, como ter acceso aos procedementos de solicitude de asilo e a recorrer calquera decisión, non resulta compatible cunha expulsión inmediata do territorio europeo.>

O último pronunciamento xudicial de especial relevo este ano ditouno o Tribunal Supremo nunha sentenza de xullo deste ano, en que recoñece o dereito que teñen as persoas solicitantes de asilo de Ceuta e Melilla á liberdade de circulación por todo o territorio do Estado. Este pronunciamento revoga unha práctica administrativa consistente en lles restrinxir aos e ás solicitantes de asilo a circulación unicamente á súa respectiva cidade autónoma, sen lles permitir trasladárense á península.

Un migrante mira a través de una alambrada semiderruida

Un migrante mira a través dun aramado semiderruído. © Foto AP / Michael Svarnias

Peche provisorio dos Centros de Internamento de Estranxeiros

Un dos poucos fitos que nos ofreceu motivos de celebración neste 2020 foi o baleiramento de todos os centros de internamento de estranxeiros (CIE) de España en abril, ante a constatación por parte da Administración da imposibilidade de executar expulsións no contexto de pandemia.

Porén, estes centros foron reabertos en setembro, a pesar de que as condicións sanitarias non melloraron considerablemente desde primavera, nin en España nin nos países de orixe das persoas internadas.
Por outra banda, no último trimestre deste ano producíronse os primeiros voos de repatriación desde a declaración do estado de alarma, e tramitáronse ordes de devolución desde Canarias sen as persoas poderen recibir unha adecuada asistencia de avogados, tal e como esixe o dereito internacional dos dereitos humanos.>

En setembro, a Comisión Europea presentou o novo pacto en materia de migracións, que vén consolidar a política europea, centrada case en exclusiva en retornar todas aquelas persoas que cheguen de forma irregular. Os escasos mecanismos que permiten a chegada de forma legal a Europa practicamente desapareceron.

No Día Internacional das Persoas Migrantes, lembrámoslles aos e ás dirixentes que deben apostar por abordar as prácticas que rodean as migracións partindo da base de que migrar é un dereito humano, poñendo no centro a dignidade de todas as persoas e impulsando mecanismos que faciliten a transparencia e permitan a rendición de contas cando se vulneren os seus dereitos.

É hora de que os nosos mares e océanos, que levan anos a se converter nunha gran tumba, deixen de selo de vez, para o que é improrrogable priorizar o respecto á vida e á liberdade de movemento das persoas.