Dez reflexións de activistas e defensores e defensoras dos dereitos humanos de todo o mundo que nos lembran que a educación en dereitos humanos é crucial na protección dos dereitos das persoas.
1. “A educación na esfera dos dereitos humanos é moito máis que unha lección que se aprende nas escolas ou un tema que se trata durante un día; é un proceso que equipa as persoas cos medios que necesitan para vivir a súa vida en condicións de seguranza e con dignidade. Neste Día Internacional dos Dereitos Humanos, xuntemos os nosos esforzos para desenvolver e fomentar nas xeracións futuras unha cultura de dereitos humanos, a fin de promover a liberdade, a seguranza e a paz en todas as nacións”.
Kofi Annan, ex-secretario xeral de Nacións Unidas, premio Nobel da Paz
2. “En definitiva, onde comezan os dereitos humanos universais? Pois en lugares pequenos, tan próximos e tan pequenos que non aparecen nos mapas. E, no entanto, son os lugares que conforman o mundo da persoa: a súa veciñanza; a escola en que estuda; a fábrica, o horto ou a oficina en que traballa. Eses son os lugares en que cada home, muller e neno busca unha xustiza equitativa, igualdade de oportunidades, igual dignidade sen discriminación. Se eses dereitos non significan nada neses lugares, tampouco significan nada en ningunha outra parte. Sen unha acción decidida dos cidadáns para defenderen eses dereitos no seu contorno próximo, será inútil buscar progresos no resto do mundo”.
Eleanor Roosevelt, líder política e activista estadounidense
3. “A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”.
Nelson Mandela, activista surafricano dos dereitos civís
4. “É necesario que todas as comunidades conten cunha educación intensiva en materia de dereitos humanos para superar prexuízos”.
Ruth Manorama, activista india
5. “A educación en dereitos humanos é esencial para abordar as causas subxacentes da inxustiza no mundo. Canto mellor coñeza a xente os seus dereitos e os dereitos doutros membros da sociedade, mellor preparada estará para protexelos”.
Salil Shetty, ex-secretario xeral de Amnistía Internacional
6. “Os efectos que produce a educación en dereitos humanos serán cruciais para espertar en cada persoa a conciencia do valor da súa propia vida e da súa fortaleza [...]”.
Daisaku Ikeda, filósofo, activista, escritor e educador xaponés
7. “A educación [...] é a chave que permite o acceso e o desfrute doutros dereitos humanos”.
Katarina Tomasevski (Croacia), relatora especial da ONU
8. “Xa no xardín de infancia, os nenos e nenas deberían aprender e experimentar o respecto, a igualdade e a xustiza, valores fundamentais de dereitos humanos. A educación en dereitos humanos debería estar presente no programa de todas as escolas desde a infancia: no currículo e nos libros de texto, nas políticas, na formación do profesorado, nos métodos pedagóxicos e, en xeral, no contorno educativo. [...] A educación en dereitos humanos posibilita que os nenos e nenas tomen decisións sopesadas na súa vida, aborden situacións de forma crítica e independente e empaticen cos puntos de vista doutras persoas”.
Zeid Raad Al Hussein (Xordania), alto comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
Claire Fagin, enfermeira, educadora, profesora universitaria e consultora estadounidense
Asemblea Xeral da ONU