O maratón de cartas “Escribe polos Dereitos”, campaña que facemos cada ano co gallo do 10 de decembro (Día Internacional dos Dereitos Humanos) volveu ser un éxito. Na Rede de Escolas, o alumnado escribiu máis de 7000 postais coa participación de centros educativos de 16 provincias distintas, que se uniron aos 5.000.000 de accións no ámbito mundial. Contámosvos agora avances na vida das persoas polas que actuamos hai uns meses. Grazas pola vosa colaboración!!
Chow Hang-tung (Hong Kong). Avogada de dereitos humanos, encarcerada polo goberno chinés por participar en vixilias pacíficas en lembranza da matanza de Tian’anmen
As accións polo caso de Chow Hang-Tungaumentaron a consciencia das violacións de dereitos en Hong Kong, especialmente do dereito a protestar. O 14 de decembro de 2022, Chow gañou a apelación contra a súa condena polo cargo de “incitar a outros a participaren nunha reunión non autorizada”. Este é un impacto moi positivo. As autoridades emitiron erroneamente unha prohibición xeral da vixilia de 2021, utilizando a covid-19 como escusa para sufocar a liberdade de expresión, cando tiñan unha “responsabilidade activa de permitir e facilitar as reunións cando fose factible”. Porén, Chow aínda está acusada de “incitar á subversión” a través das súas accións totalmente pacíficas, e podería enfrontarse a dez anos de prisión.
Chow manifestou: “Grazas polas vosas cartas. Resulta tan familiar ver postais de AI... Escribín moitas postais hai tempo (formei o grupo de escritura de cartas de Amnistía Internacional cando estaba na universidade). A vida discorre por camiños inescrutables: nunca pensei que agora me convertería na destinataria das cartas de AI.”
Aleksandra Skochilenko (Rusia). Música rusa actualmente en prisión preventiva por cambiar as etiquetas dun supermercado ruso con mensaxes contrarias á invasión de Ucraína
Recibíronse arredor de 40 kg de cartas no Camerún para que lle fosen entregadas a Dorgelesse Nguessan polo seu caso. A través do seu avogado, Amnistía Internacional informaba regularmente a Dorgelesse sobre as cartas, as accións, as reunións e os materiais desenvolvidos para a súa campaña. En novembro de 2022, Dorgelesse foi convocada polas autoridades penitenciarias para comentar as súas condicións en prisión e a súa situación de saúde. E foi levada a ver un médico do hospital para sometela a un recoñecemento médico, algo pouco habitual.
En xaneiro, os avogados de Dorgelesse recibiron a noticia de que se ía iniciar a apelación polos 23 detidos e detidas. Presentaran unha apelación contra a condena de todos os manifestantes en 2020, e insistiran para que se programase, mais non chegou a suceder. Esta audiencia xa comezou e aínda continúa. Amnistía Internacional espera que poida levar á liberación das persoas detidas.
A través do seu avogado, Dorgelesse transmitiulle a Amnistía Internacional en repetidas ocasións frases como “Aquí, todos os presos están a falar do meu caso”, “Todos queren que Amnistía Internacional traballe no seu caso”, “A presión está a funcionar”, “Nunca esquecerei o que Amnistía fixo por min. Lembrareino toda a vida. Mesmo aquí en prisión, a xente achegábaseme e dicíame: ‘Sei quen es, vinte en publicacións de AI e nas noticias”, “Pregúntome que pasaría se Amnistía Internacional non me apoiase”.
A campaña de Amnistía Internacional a favor de Aleksandra Skochilenko contribuíu a dar a coñecer o seu caso. Medios independentes e moitos diplomáticos estranxeiros asistiron ás súas audiencias xudiciais, o que axuda a protexela e pode axudar a asegurar unha sentenza menos estrita (aínda que, lamentablemente, as absolucións son case imposibles neste tipo de casos). Quizais o impacto máis notorio e directo é o apoio moral que lle está a brindar a campaña de solidariedade. Este apoio é particularmente importante cando a persoa é especialmente vulnerable: Aleksandra nunca antes estivera detida, ten graves problemas de saúde e sufriu presión e mesmo violencia por parte das súas compañeiras de cela, todo isto sumado ao estrés que sente pola guerra en curso, contra a que ela protestou. A Aleksandra Skochilenko non se lle permitiu falar coa súa parella desde o seu arresto, as visitas de familiares e amigos están restrinxidas, e as cartas seguen a ser case a súa única conexión co mundo exterior.
Dorgelessa Nguessan (Camerún). Peiteadora e nai solteira condenada a cinco anos de prisión por participar en protestas no seu país>