Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Fotografía de dúas activistas nunha manifestación do 8M © 2025 Ruano.es

Fotografía de dúas activistas nunha manifestación do 8M © 2025 Ruano.es

Blog

Mobilización 8M: “Xuntas contra o odio, nin un paso atrás”

Sonia Gregorio, responsable de Mobilización de Infancia e Comunidade Educativa, 24 de febreiro de 2026 ,

A oposición á igualdade de xénero por parte dalgúns gobernos e de movementos contrarios ao recoñecemento de dereitos e ás cuestións de xénero intensificouse en moitos países, desde Afganistán ata os Estados Unidos; por exemplo, Arxentina, Cuba, Irán, Arabia Saudita, Marrocos ou España. Isto é especialmente duro para as mulleres que sofren formas de discriminación múltiples e interrelacionadas, como a idade, a raza, a etnia, a discapacidade, a orientación sexual ou a identidade de xénero.

Por iso, o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, mobilizámonos co lema “Xuntas contra o odio, nin un paso atrás” contra as graves consecuencias nos dereitos das mulleres do auxe das prácticas autoritarias e os discursos de odio.

Para obteres máis información de contexto, visita a web de Amnistía Internacional.
 

Cando? 
  • O 8 de marzo ou en calquera momento ao longo do mes de marzo.

  • Tamén podes facer actividades de sensibilización en calquera outro momento do curso.

 

Como unirvos á mobilización?
  1. Mobilizar estudantes e profesorado para que lles escriban mensaxes de solidariedade a activistas, xornalistas ou cómicas que sofren acoso e graves ameazas por exerceren libremente o seu dereito á liberdade de expresión, por denunciaren a violencia machista ou simplemente por desenmascararen noticias falsas e loitaren contra a desinformación. 

  2. Recoller as mensaxes nun lugar visible do centro, sexa a través de urnas ou paneis grandes con post-its ou colgando as mensaxes escritas nunha corda, póndoas en taboleiros de anuncios dos corredores ou calquera outro sistema que se vos ocorra.

  3. Enviar todas as mensaxes por correo postal a Amnistía Internacional España – Red Educativa. C/ Fernando VI, 8, 1º izquierda. 28004 Madrid.

  4. Colgar pancartas ou carteis co lema “Xuntas contra o odio, nin un paso atrás” na aula ou en espazos comúns e mantelos todo o mes de marzo (ou ata o final de curso). Ofrecémosvos uns modelos para descargar, mais tamén podedes facer os vosos propios carteis propóndolles a estudantes que fagan un deseño no formato que queirades.

  5. Realizar actos simbólicos con fotografías de grupos de clase, ou con varios grupos, con pancartas ou carteis, onde todas as persoas estean vestidas de morado, e publicalo nas redes sociais co cancelo #JuntasContraElOdio e etiquetando a @amnistiaespana.

  6. Animar toda a comunidade educativa a participar nas manifestacións do 8 de marzo na vosa cidade levando carteis co lema. Na nosa web encontraredes un mapa coas convocatorias onde participarán activistas de Amnistía Internacional.

 

E que ofrecemos para sensibilizar?
  1. Realizar charlas coa presentación que preparamos sobre o tema deste ano.

  2. Pór en marcha as actividades do novo material sobre prácticas autoritarias.

  3. Usar as guías “A miña vida nun scroll” para unha relación sa coas redes sociais, dirixidas a profesorado e mocidade. 

  4. Levar a cabo actividades cos recursos educativos da “Colección mulleres e nenas” para traballar outros temas relacionados cos dereitos das mulleres. 

  5. Realizar un taller con Frente Viñetista coordinado por un humorista gráfico profesional; trátase dun taller práctico con estudantes a partir da reflexión sobre as caricaturas.

 

Esta proposta é só para centros educativos?
  • Tamén podes realizar as actividades noutros espazos educativos: asociacións xuvenís, cursos de idiomas, centros culturais, clubs de lectura, bibliotecas…