Amnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsAmnesty IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid IconsCovid Icons
Postais do maratón de cartas de 2023 © AI

Postais do maratón de cartas de 2023 © AI

Blog

Noticias do maratón de cartas 2023

Sonia Gregorio, responsable de Educación de AI España, 19 de xuño de 2024 ,

O maratón de cartas lévase a cabo o 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos. É unha mobilización de ámbito global na que se envían cartas, debuxos, sinaturas e postais a persoas que sofren inxustizas en distintos países no mundo para mellorar a súa situación. Cada ano convértese nun dos momentos máis emotivos da Rede Educativa de Amnistía Internacional, na que millares de estudantes participan nas accións de forma entusiasta.

O maratón de 2023coincidiu ademais co 75 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, unha oportunidade para darlles a coñecer a nenos, nenas e adolescentes cales son as liberdades e garantías para todas as persoas. Contámosvos algúns logros desta edición:

  • púxose en marcha o maratón de cartas en 66 países.
  • realizáronse polo menos 5.828.323 accións en todo o mundo.
  • arredor de 1,4 millóns de persoas mobilizáronse a nivel mundial.

Chegáronnos as palabras de varias persoas polas que nos mobilizamos na Rede Educativa e queremos compartilas para que poidades facelas chegar ao voso centro. Grazas por apoialas!

1. Milleiros de mensaxes de solidariedade, tanto de España coma doutros países, foron entregados a través do seu avogado a Rocky Myers, que lle agradeceu a Amnistía Internacional as numerosas tarxetas que recibiu.

2. Non houbo avances por agora no caso de Justyna Wydrynska. Con todo, a solidariedade global tivo un enorme efecto positivo nela; séntese moi apoiada, e isto estalle a dar máis forza e confianza. Justyna dixo:

Acabo de chegar á oficina de Amnistía Internacional Polonia e fun ao cuarto onde estaban depositados milleiros de cartas. Quero dicirlles a todas esas persoas que escribiron: Grazas, moitas grazas. Isto significa moito para min. Todas esas cartas chegáronme ao corazón.

3. Maung Sawyeddollah sentiu moito apoio moral, especialmente durante algúns meses difíciles cando afrontou riscos de seguridade. Sawyeddollah escribiu unha mensaxe sobre a súa experiencia na campaña:

Son Maung Sawyeddollah, de Myanmar. (…) Non sabía que a miña voz ía resoar a nivel mundial grazas á incrible plataforma proporcionada por Amnistía Internacional. A campaña supuxo unha potente forma de amplificar esta mensaxe. A través dela, recibín moitísima motivación, apoio, alento e solidariedade de persoas e grupos de todo o mundo. A resposta da comunidade global foi alentadora, xa que persoas de orixes diversas se uniron na loita pola xustiza e os dereitos humanos.